Benvido a EGU - Enciclopedia Galega Universal

Aínda non se creou contido para a páxina principal.

Ariete, El

Semanario tirado do prelo en 1897 e que cesou a comezos do século XX. Saía en Vilagarcía de Arousa. Segundo os especialistas, tivo dúas épocas máis de edición nos anos 1899 e 1900, neste último como suplemento.

Máis >
Aguilera Malta, Demetrio

Novelista e dramaturgo ecuatoriano. Formou parte do grupo de Guayaquil, iniciador no seu país dunha narrativa na que a psicoloxía cedía ante a exposición dos problemas colectivos. Escribiu, entre outras obras, as novelas Don Goyo (1933), Madrid, reportaje novelado de una retaguardia heroica (1937), El secuestro del general (1973), Jaguar (1976) e as pezas teatrais Lázaro (1941) e Trilogía ecuatoriana (1959).

Máis >
Giménez Ortega, Francisco

Ilustrador. Foi deseñador gráfico de publicidade e ilustrou libros e contos infantís, colaborou en xornais e revistas e publicou carteis, cadernos educativos e libros de texto. Traballou co escritor Carles Cano. Recibiu o Premio Lazarillo do ministerio de Cultura (1989).

Máis >
Albert i Paradís, Caterina

Escritora coñecida co pseudónimo de Víctor Català. Autodidacta, mantívose fiel ao naturalismo e, na súa primeira época, ao modernismo. Da súa obra destacan Solitud (Soidade, 1905), Marines (Mariñas, 1928) Contrallums (Contraluces, 1930) e Jubileu (Xubileo, 1951). Fuxiu do realismo e da obxectividade científicas, creou un universo mítico e impregnou a súa obra dun sentimento fatalista.

Máis >
Pakan Baru

Capital da provincia de Riau, situada en Sumatra, Indonesia (438.638 h [1995]). Exporta caucho polo río Siak e petróleo.

Máis >
Monge Lozano, José Eugenio

Xogador de tenis de mesa. Foi campión de Galicia de todas as categorías individuais e campión de España en individual (1956) e en dobres (1959). Presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, foi adestrador e delegado do Círculo Mercantil de Vigo. Recibiu a medalla de bronce da Federación Española como xogador (1968) e a medalla de ouro como directivo (1991).

Máis >
Favanne, Henri Antoine de

Pintor. Formouse en París con R. A. Houasse e en 1695 obtivo o Prix de Rome que lle permitiu residir en Italia durante cinco anos. Viviu en España, onde copiou as obras das coleccións reais. En 1704 ingresou na Académie Royale de Peinture et de Sculpture coa obra España ofrecéndolle a coroa ao duque de Anjou.

Máis >
Guilboa

Montaña de Palestina, preto de Bēt Shěan. Foi escenario da derrota definitiva de Saúl a mans dos filisteos.

Máis >
Raimondi, Ruggero

Baixo italiano. Debutou en 1964 no papel de Colline en La Bohème. Dotado dunha amplitude e beleza vogal que lle permite cantar tamén na tesitura de barítono, en 1978 adquiriu un gran renome como protagonista do Don Giovanni de Mozart, na versión cinematográfica de J. Losey.

Máis >
Meuse

Departamento de Lorena, Francia (6.216 km2; 192.198 h [1999]). A súa capital é Bar-le-Duc (16.944 h [1999]).

Máis >
Loading