"NOT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

  • Xornal publicado en Vigo a partir de 1889. Fundado por Xaime Solá, tratouse dunha publicación de tendencia católica. Os seus predecesores foron Diario de Vigo e El Independiente para, a partir de 1903, ser substituído por El Noticiero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ribadavia a partir do 15 de outubro de 1910. Cesou en outubro de 1936. Editouse cos subtítulos “Semanario de Ribadavia”, “Periódico de Ribadavia” (1913), “Semanario de mayor circulación de la provincia” (1920) e “Órgano oficial del sindicato Vitivinícola Comarcal”, a partir do 17 de novembro de 1929. Fundado e dirixido polo seu propietario, Emilio Canda, saíu os domingos con información local e comarcal, contos, vida social, humor e información do sindicato. De tendencia católica, declarouse apolítico ata que se converteu en voceiro do deputado conservador Xosé Estévez Carrera e, na Segunda República, definirse pro-CEDA e contrario á autonomía de Galicia. Foi o rival do xornal liberal El Ribadaviense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Bos Aires a partir de 1889. Dirixida por Manuel Lema, amosou unha fonda preocupación pola situación social, política e económica de Galicia. Publicou unha posible “Constitución Rexional para o futuro Estado de Galicia” e chegou a defender a necesidade da confrontación violenta para acadar os dereitos nacionais que Galicia non conseguía polas vías legais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir de febreiro de 1896. Non cesou antes de maio de 1943. Apareceu cos subtítulos “Semanario destinado á fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio”, “Semanario destinado á fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio de 1ª Enseñanza y organizador del 3º Certamen Pedagógico Español”, a partir de 1897, e “Revista de primera enseñanza”. Continuou coa numeración do seu predecesor, El Noticiario, e foi dirixido polo seu propietario, Xosé López Pérez. Tras o seu falecemento (1896), o seu fillo Bernardino López S. Cobián fíxose cargo do xornal que, despois da Guerra Civil Española, foi administrado por Eladio Portela Gómez. Editado nos obradoiros da Viúva e Fillos de Carragal, saíu todos os luns mantendo o mesmo tipo de contido ca os seus predecesores (doutrinais e disposicións lexislativas). A partir de agosto de 1897 convocou un Certame Pedagóxico e saíu os días 4, 11, 18 e 25 de cada mes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario en castelán editado en Barcelona desde o 15 de abril de 1885 ata outubro de 1985. Fundado e dirixido por Francesc Peris i Mencheta, foi o primeiro diario vespertino que saíu en Barcelona. Xornal con traxectoria independente, conseguiu e conservou unha notable audiencia. Prestou atención ás novas de última hora, e o seu cadro de colaboradores literarios foi moi amplo. De pensamento liberal e aberto ao contraste de opinións, intentou reflectir a realidade catalá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Coruña a partir do 2 de xaneiro de 1841. Baixo o subtítulo “Periódico político y mercantil”, tivo como impresor e editor a Francisco Arza. De periodicidade diaria, excepto os domingos, incluíu información local, nacional e estranxeira, e rivalizou na política local con outros xornais da cidade, sobre todo co Boletín de noticias. Probablemente tivo unha segunda época en 1878.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Pontevedra a partir do 1 de xaneiro de 1892. Baixo o subtítulo “Periódico independiente útil a los ayuntamientos y maestros de primera enseñanza”, foi dirixido polo seu propietario, Xosé López Pérez, e substituíu a El Noticiero Administrativo, seguindo a súa numeración cunha periodicidade bimensual. Incluíu disposicións lexislativas. En 1895 foi substituído polo Noticiero de Instrución Pública, ao que supliu de novo a partir de xullo de 1895 baixo o subtítulo “Semanario destinado a fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio”. Impreso nos obradoiros tipográficos de Rogelio Quintáns, pasou a ser semanal. En agosto dese ano comezou a publicar o suplemento Revista Pedagógica y Literaria, dirixida por Xosé López Otero. En febreiro de 1896 cambiou a súa cabeceira por El Noticiero Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ourense a partir do 20 de outubro de 1893. Cesou en 1895. O seu director foi Xoán Rodríguez Quesada e contou coa colaboración de Francisco Álvarez Novoa. A creación deste xornal debeuse a Senén Canido, quen o empregou como voceiro e defensor da súa política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Vigo a partir de 1903. Cesou en 1915. Baixo o subtítulo “Diario Independiente” e “Diario Mercantil Independiente”, a partir de 1913, estivo dirixido por Xaime Solá, responsable da compra en 1903 da cabeceira de El Independiente para crear este xornal. Os seus predecesores foron os xornais Diario de Vigo (1884), o propio El Independiente (1885) e El Noticiero de Vigo (1889), fundado tamén por Xaime Solá. Caracterizouse por incluír novidades técnicas que causaron sensación no xornalismo vigués.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de notificar.

      2. Acto mediante o que se comunica, dunha maneira auténtica, a unha persoa determinada ou aos seus representantes legais, a resolución xudicial ou administrativa dunha autoridade. A partir dese momento comeza o prazo para cumprir aquilo que se decidiu, exercitar accións ou interpor recursos.

      3. Acto unilateral, en dereito internacional, polo que se dá a coñecer un documento ou unha situación.

    1. Escrito con que se notifica algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que notifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer saber algunha cousa a alguén, darlle coñecemento ou noticia.

    2. Comunicar formalmente ao seu destinatario unha resolución administrativa ou xudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e xilógrafo alemán. A súa obra representa o gótico flamíxero nas súas últimas consecuencias. Atribúenselle numerosas obras, aínda que moitas son traballos do seu taller. Destacan o Retablo da Paixón da catedral de Århus (Dinamarca) e o San Xurxo e o dragón da igrexa de San Nicolao de Estocolmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe e escritor suízo. Mestre e bibliotecario do mosteiro de Sankt Gallen, contribuíu ao desenvolvemento do texto e das melodías das secuencias relixiosas. Consérvanse as Gesta Caroli Magni, un amplo Martyrologium e unha Notatio de illustribus viris sobre diversos comentadores da Biblia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Monxe do mosteiro de Sankt Gallen, foi un dos máis grandes estilistas da literatura alemá. Divulgador dos clásicos, que traduciu ao alemán, comentou a Boecio, Aristóteles e os Salmos. A súa obra está formada por algúns dos textos máis antigos e de máis relevancia da lingua xermánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo escocés. En 1856 emigrou a Canadá e estableceu en Montréal un estudo fotográfico onde aplicou as técnicas fotográficas do daguerrotipo aprendidas na súa cidade natal. Documentou construcións da época, como a inauguración da ponte Vitoria (1860) por Eduardo VII, e especializouse en retratos de estudo das clases acomodadas. Abriu estudios en Otawa, Boston, Nova York ou Pennsylvania, contratou outros fotógrafos e experimentou con escenas montadas en interiores e exteriores. Consérvanse máis de 400.000 fotografías na denominada Notman Collection, no McCord Museum de Montréal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ento do sur, entre os antigos romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘dorso’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eixe esquelético fibroso, elástico e cilíndrico que se estende ao longo do corpo, dorsalmente respecto ao tubo dixestivo e ventralmente respecto ao cordón nervioso, nos urocordados, durante as fases larvarias libres, e nos cefalocordados.

    VER O DETALLE DO TERMO