"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
GALICIA
Director de dobraxe e actor teatral. Coñecido como Tuto Vázquez, estudou declamación no Conservatorio da Coruña e licenciouse en Arte Dramática no Institut del Teatre de Barcelona. Participou en máis de 50 espectáculos, dos que destacan O señor Bonhome e os incendiarios (1966), co Grupo Teatral O Facho; Macbeth (1975) con Teatro Circo; e A noite vai coma un río (1979), coa Escola Dramática Galega, da que foi un dos cofundadores. Participou no espazo radofónico Preescolar na casa, e nas series de televisión Pratos Combinados, Mareas Vivas e Avenida de América. No cine destacan as súas interpretacións en Blanca Madison (1998) e O lapis do carpinteiro (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(A Coruña 1922 - Madrid 11.10.1993) Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. En 1949 obtivo o Premio Roma cun proxecto de Faro Votivo dedicado ao Apóstolo Santiago e en 1952 comezou a traballar con José Antonio Corrales. Das súas obras detacan a residencia infantil de Miraflores de la Sierra (1958), proxectada en colaboración con Alejandro de la Sota, o desaparecido Instituto de Herrera de Pisuerga (1952), o pavillón de España na Exposición Universal de Bruxelas (1958), a Casa Huarte (1966), o Banco Pastor (1969), os laboratorios Profidén (1964-1965) ou o edificio Bankunion (1975), todos eles en Madrid. Recibiu, con J. A. Corrales, a Medalla de Ouro da Arquitectura Española (1992).
-
PERSOEIRO
Escritor. Colaborador habitual de numerosos xornais e revistas, cultivou case todos os xéneros, aínda que o ensaio e a novela constitúen os eixes da súa actividade literaria. Polemista, é autor de Manifiesto subnormal (1970), Crónica sentimental de España (1971), La penetración norteamericana en España (1974) e do alegato contra o neoliberalismo contemporáneo Panfleto desde el planeta de los simios (1995). Creou a figura do detective Pepe Carvalho que protagonizou a serie de novelas formada por Yo maté a Kennedy (1972), Los mares del sur (1978, Premio Planeta) e Asesinato en el Comité Central (1981), entre outros títulos. Da súa obra destacan Galíndez (1990, Premio Nacional de Narrativa 1991 e Premio Europa de Literatura 1992), Autobiografía del General Franco (1992) e El estrangulador (1994, Premio de la Crítica Española). Tamén é autor de poemarios, como Una educación sentimental (1967),...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, deseñador gráfico e escenógrafo. Coñecido como Suso Montero, formouse na Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso da Coruña. No eido teatral iniciou a súa traxectoria con Troula para despois realizar traballos co Centro Dramático Galego, como Caderno de Bitácora (1985), Un refaixo para Celestina (1993) e A fiestra valdeira (1994). Con Ollomoltranvía colaborou en Commedia, un xoguete para Goldoni (1993) e O rei nu (1995), e con Áncora en Ladraremos (1995), Fábula (1996) e Anatomía dun hipocondríaco (1997). Tamén realizou traballos para Artello, Ollomol Teatro Submarino, Teatro do Noroeste, TBO, Teatro do Atlántico, ademais de decorados da TVG.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e xornalista. Viviu en Madrid onde foi un dos integrantes da sociedade Galicia Literaria (1875). Regresou a Ourense en 1877, e en 1893 foi nomeado cronista oficial de Ourense. Colaborou en diversas publicacións, escribiu, entre outras obras, Venus y Momo (1978), Efermérides de Galicia (1878) e La arquitectura cristiana en la provincia de Orense durante el período medieval (1894). Foi correspondente da Real Academia de la Historia e vogal da Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Ourense e socio de mérito da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Xuxo Vázquez, formouse na Escola de Artes e Oficios de Vigo, da que foi profesor, e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Desde os seus inicios abandonou os modos tradicionais da escultura para incorporar as tendencias máis vangardistas. Realizou obras figurativas e abstractas, con diversos materias, e fixo medallas de diversos personaxes da cultura galega. Destacan Guerreiro I (1989), Fiel (1990), Zigurat (1997), Dolmen de auga (1998) e Abertura dun disco I (2002). Foi premiado na Bienal de Pontevedra de 1973 con A marcha das cargas eternas e na de 1978 con Torso rosa. Recibiu o Premio Tomás Fernández Prieto da Casa Nacional de la Moneda (1974 e 1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. A súa obra adscríbese a un informalismo con referencias surrealistas. Realiza espazos infinitos en que inscribe insinuacións arquitectónicas. Destaca a serie Jet Line.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Adestrador de fútbol. Debutou en Primeira División coa S. D. Compostela na tempada 1995-1996. Posteriormente adestrou, tamén en Primeira División, os equipos Real Oviedo, R. C. D. Mallorca, U. D. Las Palmas, Rayo Vallecano, Real Valladolid e Real Club Celta de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. De formación autodidacta, cultivou tamén o gravado e a escultura. Realizou paisaxes en que inscribiu diversos obxectos. A súa obra evolucionou desde unha pintura reivindicativa cara á abstracción, apoiada nunha base culturalista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Vigo 1956) Ceramista. Graduado en artes aplicadas pola Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela (1980), ampliou estudos, entre outros, no European Ceramics Work Centre de Holanda. Profesor de cerámica en divesos centros, no seu traballo emprega principalmente a terra combinada con outros materiais como o cristal, o metal, a madeira ou o formigón. As súas obras, aínda que deixen ver un mundo abstracto, están en relación directa coa realidade. Destacan Comulga si puedes (1989-1990), Cuadernavia (1993), Nomancontro (1995-1997) e, desde 1999, a serie Viricos.
-
GALICIA
Modelo e presentadora. Azafata de 1,2,3 (1993), presentou La vuelta a la fama, El Rastrillo, No te olvides el cepillo de dientes, diversas galas do programa Inocente, Inocente, e os programas El juego de Euromillón (1998), Gran Hermano e La Isla de los Famosos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e mestre. Publicou as pezas teatrais A parroquia (1976), que resultou finalista no Premio Abrente de Ribadavia; A fraga encantada (1987), Sala de espera (1992), A sombra da memoria (1999) e Asubío, Fina e Petra, xente moi lareta (2005). Das súas obras poéticas destacan Gándaras (1971), Terra e pan (1975), Ofidios de diario (1984, Premio Eduardo Pondal e finalista das I Xustas Literarias Galegas), Na vertical da noite (Premio Cidade de Ourense 1989), No corazón mancado (Premio Esquío 1989), Rotación violeta (1996) e Banzados (Premio Uxío Novoneyra 2000). No apartado antropolóxico salientan Os vellos oficios (1996), A tribo sabe (1999) e Tal era vivir (2004), e en narrativa escribiu Lume de biqueira (1999), Quen faga voar (2001, Premio Carvalho Calero 2000), A memoria do boi (2001, Premio Torrente Ballester 2000 e Premio de la Crítica...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Licenciado en Dereito e secretario da administración local, foi conselleiro na Xunta Preautonómica (1980-1981) e participou, en representación da UCD na Comisión dos 16. Foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985), Coalición Popular (1985-1989) e PP (1985-1997). Foi conselleiro de Educación e Cultura (1983-1986) e de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno, Cultura e Asuntos Parlamentarios (1990-1997). Foi senador por designación da Comunidade Autónoma (1997-2000) e por Pontevedra desde 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de políticos lucenses. Manuel María Vázquez Queipo de Llano (1800-18599), I conde de Torre Novaes de Quiroga, foi deputado pola provincia de Lugo (1834-1838 e 1844-1846). O seu irmán Vicente Vázquez Queipo de Llano (1804-1893), foi xurista e matemático. Defensor do liberalismo, foi deputado polas provincias de Pontevedra e Lugo e polo distrito de Quiroga (1837-1838, 1844-1851). Foi fiscal da Audiencia en La Habana e publicou Tabla de logaritmos vulgares. Vicente María Pantaleón Vázquez Quiroga Queipo de Llano (1827-1867), fillo de Manuel María, foi alcalde de Santiago de Compostela e deputado polo distrito de Quiroga e pola sección de Lugo (1858-1867). Antonio Vázquez Queipo (1840-?), fillo de Vicente, foi deputado por Quiroga (1879-1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de empresarios orixinaria de Avión e establecida en México. Venancio Vázquez Álvarez trasladouse a México en 1928, onde fundou Almacenes Vázquez, que posteriormente se denominaron Hermanos Vázquez, e que constituíu o punto de partida para os negocios de seus fillos. Olegario Vázquez Raña (Ciudad de México 1935) é o propietario do Grupo Empresarial Ángeles, integrado por empresas do sector sanitario, hoteleiro e restaurador e do sector aeroportuario, e no que tamén participan seu fillo, Olegario Vázquez Aldir, e o seu irmán, Apolinar Vázquez Raña . Membro permanente do Comité Olímpico Mexicano, foi presidente da Federación Mexicana de Tiro Deportivo (1975-1992) e da Federación Internacional de Tiro Deportivo e participou nos xogos olímpicos entre 1964 e 1976. Mario Vázquez Raña (Ciudad de México 1932) abandonou os negocios familiares en 1976 e fíxose cargo da Organización Editorial Mexicana, coñecida como Grupo Sol, a maior editora de periódicos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Colaborou en diversas publicacións como Cuadernos de Estudios Gallegos sobre temas de historia, da comarca de Ferrol e da historia da Igrexa en Galicia. Destacan “Crónicas nedenses”e “Esbozo de una biografía de Rosalía”, ademais dos artigos sobre Sargadelos e a súa cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Coñecida como Emilia Salgueiro, a súa obra evolucionou desde o realismo temático e representivo cara a un expresionismo figurativo baseado en mundos oníricos, con referencias simbolícas e míticas. Nos anos noventa evolucionou cara á abstracción en obras con formas sinuosas que se proxectaban fóra do cadro. Ademais das técnicas tradicionais, experimentou con novos materiais que superan a barreira do pictórico como o ferro, o chumbo ou a madeira
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso mercedario. Doutor en Teoloxía e Ciencias Morais, publicou, entre outras obras, Renovación de la teología moral (1953), Para entender a Antonio Rey Soto: claves de interpretación (1980), Diego de Muros I y Galicia (1984) e San Xoán de Poio: monasterio, coto, parroquia (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Doutor en Filosofía e Teoloxía e licenciado en Dereito Canónico, foi reitor do Seminario de Lugo (1937-1962). Realizou numerosos estudos sobre a arquitectura lucense e colaborou na Comisión Provincial de Monumentos. Destacan Un mártir lucense: esbozo biográfico del V. Díaz Sanjurjo (1951), La catedral de Lugo (1953) e Los escudos de Sarria (1953)
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Hellín, Albacete 19.1.1870 - Santiago de Compostela 13.12.1952) Pintor. Creador da escola compostelá de pintura, formouse na Escuela de Artes e Oficios de Murcia e nas escolas superiores de belas artes de València e Madrid. Ingresou no exército e en 1899 trasladárono a Santiago de Compostela, onde comezou a destacar como pintor de escenas militares. Foi profesor na Real Sociedad de Amigos del País (1919-1938), na Escola de Artes e Oficios (1927-1936) e no Instituto Diego Xelmírez. No seu estudo formáronse dúas xeracións de pintores. Foi un dos organizadores da Sociedade Galega de Amigos da Arte. Cultivou unha pintura naturalista e realista que reproducía fielmente a natureza cunha base ecléctica e academicista. Pintou retratos, nos que tratou de reproducir a fisionomía e a psicoloxía do retratado. Destacan Don Salvador Parga Torreiro (1901), Don José Varela de Limia y Menéndez, Cardenal Lago González, García Barbón (1908), Don Antonio López Ferreiro (1929) e os seus diversos autorretratos....