"PAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 81.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chapeu feminino, feito de palla fina ou doutro material flexible, de abas anchas e copa baixa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino creado polo poeta inglés Philip Sidney no seu poema Arcadia (1590). Interpretouse como pan meli, ‘todo mel’, ‘toda dozura’ ou como derivado de melos, ‘canto’ ou de melas, ‘negro, escuro’.
-
PERSOEIRO
Escritora. De ideoloxía marxista, foi dirixente das Joventuts Unificades de Catalunya (1937) e fundadora da Aliança Nacional de la Dona Jove (1937-1939). Exiliada en París, Praga e nalgúns países americanos, é autora de obras de carácter autobiográfico, como Quan èrem refugiats (1975); crónicas de viaxe, como Nadal a Porto (1995, Premi de les Lletres Catalanes); novelas de fición, como Segrest amb filipina (1986); e ensaios, como Cròniques de nàufrags (1976) e L’art d’envellir (2002). Recibiu o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (2001) ao conxunto da súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión montañosa situada ao SL de Asia central. Limita ao N coa cordilleira Zaalajsk setentrional, ao L coa de Sarykol’ oriental, ao S co lago Zorkul’, o río Pamir e a vertente superior do río P’andž, e ao O co corte meridional do val do P’andž. Os cumios máis elevados son o Kongur (7.579 m), o Mūz Tāg Attā (7.555 m) e o Kommunizma (7.495 m). O clima é montañoso, cru e continental. O maior lago é o Karakul’ (salgado).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que leva como armas, escudo cuarteado: primeiro cuartel, en campo de azul, unha aguia da súa cor, picada e coas patas de ouro; segundo, en campo tamén de azul, unha cruz de ouro; terceiro, en campo de goles, un castelo, de ouro, e cuarto, en campo de ouro, un león rampante, de cor natural. Outra variante recolle, en campo de azul, dous ollos, de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de vexetación esteparia propia de Arxentina centroriental que se caracteriza pola ausencia de árbores e pola preponderancia de poáceas e tamén doutras familias de plantas herbáceas, como as asteráceas, as ciperáceas, as amarilidáceas e as papilionáceas.
-
REXIÓNS
Rexión natural de Arxentina, situada no centro do país, ao N de Patagonia e ao S de Chaco (700.000 km2). Ocupa parte das provincias de Bos Aires, Mendoza, San Luis, Córdoba, Santa Fe e La Pampa. É unha inmensa chaira que vai gañando nivel de L a O e NO, con vexetación de prados e pastos. Neste gran territorio distínguense catro partes: La Pampa ondulada, a deprimida, a chaira interposta e a alta. O clima é tépedo e húmido ao L e estepario ao O. Tanto na seca como na húmida o principal recurso é a gandaría bovina. Cultívanse millo, liño e alfalfa na parte húmida, e cereais na seca. Habitada arredor de 5000 a C por tres grupos de indios: os de fala araucana procedentes do S de Chile, os de fala tehuelche e os de fala puelche-gennaken, ambos patagóns. Na zona costeira habitaban os querandís, tribos libres da influencia araucana e de cultura cazadora, e que os casteláns atoparon cando comezaron a explorar as costas de Río de La Plata. A penetración castelá foi escasa e limitouse...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Arxentina, situada na rexión Centro (143.440 km2; 298.772 h [2001]). A súa capital é Santa Rosa (95.428 h [2001]). Ocupa a parte SO de La Pampa deprimida, ao N do río Colorado. Limita ao N coas provincias de Mendoza, San Luis e Córdoba, ao L coa provincia de Bos Aires, ao S con Río Negro e ao O con Mendoza. A rede hidrográfica divídese nas concas dos ríos Colorado, Atuel e Salado. A poboación concéntrase no L, no límite coa provincia de Bos Aires. A economía baséase principalmente na agricultura e na gandaría. Na zona montañosa posúe xacementos de sal, xeso, cal, cobre, ferro e mármore.
-
VER O DETALLE DO TERMO
1pampo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
2pampo.
-
-
Relativo ou pertencente a La Pampa ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de La Pampa.
-
-
-
Relativo ou pertencente á subraza pámpida ou aos seus representantes.
-
Individuo da subraza pámpida.
-
ariante da raza amerindia con representantes braquicéfalos, de tamaño elevado, pel amarela escura e nariz amplo e moi sobresaínte, que ocupaba as chairas do Chaco, La Pampa e Patagonia. Está case extinguida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben diversas especies de plantas herbáceas dos xéneros Coleostephus, Calendula e Chrysanthemum (C. myconis, C. segetum, C. coronarium e C. vulgare), da familia das asteráceas, de talos rectos e ramificados, follas dentadas, flores de cor amarela agrupadas en capítulos illados e froitos en aquenio. OBS: Tamén se denomina herba brava ou pampullo.
-
GALICIA
Político. Coa chegada da Segunda República organizou en Mos o partido Acción Republicana, posteriormente Izquierda Republicana. Alcalde de Mos en 1936, ao comezo da Guerra Civil foi detido e condenado a morte. Logrou saír do cárcere e fuxiu a Portugal desde onde se trasladou a Arxentina. En Bos Aires integrouse no Centro Republicano Español e foi membro do Consello de Galiza. Colaborou en diversos programas radiofónicos como Galicia Emigrante.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilaza (Gondomar). Presenta planta en forma de L, cun corpo baixo engadido. Realizado con granito enfoscado nalgunhas partes, na fachada N ten unha escaleira que desemboca nun patín e se prolonga nunha balconada. Ten unha pequena solaina e un hórreo.
-
GALICIA
Delineante industrial e político. Alcalde de Melide (1991-2004) e senador polo PP desde 2000, foi secretario da asociación de empresarios da comarca de Melide.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
María del Pilar Villar Rivas.
-
-
Que ten forma de gromo de vide.
-
Rede moi densa de vasos venosos, espermáticos ou ováricos.
-
-
DISTRITOS
Distrito de Mauricio (179 km2; 122.252 h [2000]). A súa capital é Pamplemousses.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome cooficial de Iruña.