"Pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

    1. Relativo ou pertencente ás sapindais.

    2. Planta da orde das sapindais.

    3. Orde de dicotiledóneas dialipétalas, integrada por plantas leñosas segregadoras de resinas ou esencias, con follas alternas e flores hermafroditas. Compoñen esta orde importantes familias como as rutáceas ou as aceráceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trapecista. Coñecida como Pinito del Oro, foi famosa polo seus arriscados exercicios sen rede. Comezou coa súa familia, Los Segura (1943-1949), para logo pasar ao circo Ringling Brothers (1950). Actuou no filme de Cecil B. De Mille The Greatest Show on Earth (1952) e retirouse en 1970. Escribiu o libro Nacida para el circo (1971) e recibiu o Premio Nacional del Circo (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. En 1978 gravou con Rodrigo Romaní o disco Milladoiro, coa colaboración de Xosé V. Ferreiros, polo que recibiron o Premio da Crítica dese mesmo ano, e que deu pé á creación do grupo Milladoiro, co que gravou e compuxo a súa abundante discografía. Ao ano seguinte colaborou, xunto con R. Romaní, no disco In Memoriam, de Faíscas do Xiabre. Compuxo a banda sonora da película O lapis do Carpinteiro (2002) e escribiu a biografía Faustino Santalices Pérez (2000). Recibiu diferentes premios con Milladoiro, como o Pedrón de Ouro (1984), o Premio Goya pola banda sonora de La mitad del cielo (1986), o Premio Indie Award (1991) ao mellor disco folk en EE UU, o Premio Galego Egrexio da Fundación Premios da Crítica Galicia (1999) e o Premio á mellor canción en galego dos Premios de la Música 2000 polo tema “Moraima”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e militar portugués. Gobernador xeral de Moçambique, explorou as rexións mozambicanas e Angola, para constituír unha zona de influencia portuguesa desde o Índico ao Atlántico, política que foi freada por Reino Unido, que a consideraba prexudicial para a súa expansión colonial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Contribuíu á teoría de conxuntos, á de números e á topoloxía (especialmente á de conxuntos de puntos, onde introduciu as curvas de Sierpinski). É autor de máis de 600 obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster da colina co ácido sinápico que aparece na mostaza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Jilin, China, na rexión do Nordés (317.223 h [1990]). Situada na chaira setentrional de Liao He, desde 1949 desenvolveuse como núcleo industrial, con plantas petroquímicas e construción de maquinaria agrícola e ferramentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en Santiago de Compostela en 1894 que, xunto coa Sociedad de Canteros, foi a pioneira do obreirismo compostelán. Na súa fundación confluíron as tres principais correntes proletarias do momento: a socialista, a republicana e a libertaria. Afiliouse á UGT en 1895, á Federación de Sociedades de Resistencia de la Región Española en 1900 e á Federación de Obreros del Ramo de Elaborar Madera en 1908. Foi un dos alicerces da Federación Local de Sociedades Obreras (1916) e participou na formación da CRG. Incorporouse na Segunda República á Federación Local da CNT. Logo do fracaso da revolución de Asturias de 1934 tomou o control da directiva da sociedade o Partido Sindicalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade creada en 1899 na Coruña. Sucedeu ao gremio de carpinteiros adherido á Primeira Internacional en 1871.   Entre 1908 e 1910 fíxose cargo da Federación de Obreros del Ramo de Elaborar Madera de carácter estatal e da edición do seu voceiro La Cuña. En 1910 participou no Congreso fundacional da CNT. Durante a Segunda República, en 1933, integrouse como sección no Sindicato del Ramo de la Construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. hormona do crecemento.

    2. Hormona peptídica de orixe placentaria que se segrega nas últimas fases da xestación e participa na preparación do tecido mamario. OBS: Tamén se denomina hormona do crecemento coriónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona do crecemento humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parámetro que describe o momento angular intrínseco das partículas elementais ou dos núcleos. É un dos números cuánticos que caracterizan o estado das partículas nun sistema atómico. A noción de spin nuclear foi enunciada por Pauli en 1924, e Goudsmit e Uhlenbeck, en 1925, ampliárona ao electrón.

    2. isospín.

    3. isospín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Italia, situada na desembocadura do Po. Probablemente foi unha fundación etrusca en territorio dos umbros. Edificada sobre palafitas, pode considerarse o porto de chegada dos produtos gregos. Tivo moita vitalidade durante o s VI a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das quenopodiáceas, con follas alternas dispostas en roseta basal, flores masculinas en espigas e femininas en glomérulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ela triangular de gran superficie e lixeira, que se emprega nos iates de regatas cando se navega con ventos frouxos. Adoita ter unha superficie maior que a vela maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar italiano, duque de Sesto e marqués das Balbasas. Comandante en xefe das forzas castelás en Flandres, ocupou diversas cidades rebeldes (1605-1606). A falta de recursos para pagar as tropas fíxoo partidario da paz, que culminou na Tregua dos Doce Anos (1609-1621). En 1625 tomou Breda e en 1629 foi xefe das forzas castelás en Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Xeneral (1966), foi comandante en xefe do exército na Guinea portuguesa (1968-1973) e xefe adxunto do estado maior (1973-1974). Foi destituído polo seu desacordo coa política colonial de M. Caetano, expresado en Portugal e o futuro (1974). Representante do Movimento das Forças Armadas, encabezou o novo réxime xurdido da Revolução dos Cravos e converteuse en presidente da república (15 de maio-30 de setembro de 1974). En 1975 intentou sen éxito dar un golpe de estado. Exiliado durante un tempo (1975-1976), en 1978 foi rehabilitado na condición de xeneral e en 1981 ascendeu a mariscal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto matemático que se utiliza para representar as partículas de spin 1/2 e, en particular, o electrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Pertencía a unha familia xudía orixinaria da Península Ibérica, de onde tivo que exiliarse. Celoso da súa independencia ideolóxica, marxinouse de todas as confesións relixiosas e dos medios universitarios. Imbuído da esixencia matemático-racionalista, perseguiu todo rastro de arbitrariedade da concepción da realidade e afirmou que nada pode ser necesario, determinante. Esta convicción é a razón fundamental da súa hostilidade a todo o sobrenatural e o libre. Só existe, entón, unha substancia ilimitada que manifesta a súa riqueza ontolóxica en infinitos atributos, cada un dos cales reviste tamén infinitas concrecións ou modos. Das súas obras destacan Tratado sobre Deus, o home e a felicidade (1660) e Tratado político (1675-1677).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico croata. Bispo de Zagreb (1937), durante a Segunda Guerra Mundial opúxose ao goberno comunista de Tito. Arrestado, foi condenado (1945) a dezaseis anos de traballos forzados. Liberado (1952) e confinado en Krašić, Pío XII elevouno á púrpura cardinalicia (1953), o que provocou a ruptura de relacións entre Iugoslavia e o Vaticano. Foi beatificado en 1988.

    VER O DETALLE DO TERMO