"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
MONTES
Monte situado na parroquia dos Vilares (Guitiriz). O seu cumio acada os 587 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo mexicano. Desenvolveu unha antropoloxía filosófica dirixida a proporcionar as bases para a afirmación da liberdade, a personalidade, e a vida espiritual do home fronte aos resultados da civilización. Entre as súas obras destacan El perfil del hombre y la cultura en México (1934), Más allá de la moral de Kant (1938), Hacia un nuevo humanismo (1942) e Estudio de estética (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Frautista. Iniciou a súa carreira como solista en 1945. En París, xunto co Quinteto de Vento, formou o Conxunto Barroco de París. Conseguiu en varias ocasións o Grand Prix du Disque e outros moitos premios. Escribiu La flûte (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao cuadrúpede, principalmente o león e o grifón, representado erguido e coas dúas patas esquerdas máis baixas ca as dereitas e a cabeza de perfil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é delgado, pequeno e co corpo mal feito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, unha árbore de sinople, surmontada dunha aguia de sable; bordura de azul, cargada de oito aspas de prata.
-
-
Terreo que fai pendente.
-
-
Plano inclinado, situado entre dúas superficies de diferente nivel, que se usa, especialmente, para poder subir e baixar cargas reducindo esforzos.
-
rampla de lanzamento /
Construción en plano inclinado desde a que se efectúa o lanzamento de proxectís autopropulsados ou de mísiles.
-
-
Zona onde, a través dun plano de encabalgamento, unha masa rochosa sobe sobre outra.
-
Función que crece de maneira lineal co tempo desde cero ata un valor determinado, de acordo polo tanto coa expresión f(t)=kt. É unha función empregada sobre todo en análise transitoria de circuítos eléctricos e sistemas complexos.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Uttar Pradēsh, India, situada na conca do Ganges (242.752 h [1991]). Posúe un importante mercado de grans, cana de azucre, algodón e tabaco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo sobre zonas húmidas de ámbito internacional que se firmou na cidade de Ramsar, Irán, en 1971 e entrou en vigor en 1975. Ten como obxecto a protección das zonas húmidas, intentando a conservación e o seu uso racional en relación ás aves acuáticas. OBS: Tamén se denomina Convención relativa ás Zonas Húmidas de Importancia Internacional especialmente como Hábitats de Aves Acuáticas
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto segundo o que os electróns libres, aínda que teñan pouca enerxía cinética (da orde do electrón-voltio), poden atravesar un átomo de gas nobre sen que se produza unha reflexión apreciable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herpes zóster localizado na orella que pode ir acompañado dunha parálise no rostro.
-
PERSOEIRO
Poeta, libreiro e editor escocés. Autor de poemas satíricos e humorísticos, a súa obra principal é o drama pastoral The Gentle Shepherd (1725). A publicación de The Ever Green (1724), antoloxía recollida por G. Bannatyne, marcou novos camiños na poesía escocesa do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor escocés, fillo de Allan Ramsay. Retratista, en 1739 iniciou unha brillante carreira a Londres, onde en 1761 foi nomeado pintor do Rei Xurxo III de Inglaterra. Das súas obras destacan os retratos George III, Queen Charlotte e Sir John Tyrell.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político escocés, I marqués de Dalhousie. Membro da Cámara dos Comúns (1837) e da Cámara dos Lores (1838), foi partidario das doutrinas do libre cambio. Gobernador xeral de India (1848-1856), durante o seu mandato aumentou o dominio británico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico escocés. Aínda que comezou os seus estudos en química orgánica, as súas achegas máis importantes estiveron relacionadas cos gases nobres. Traballou tamén con Soddy na desintegración do radio (1904). Publicou, entre outras obras, The Gases of the Atmosphere (1896) e Modern Chemistry (1900). Recibiu o Premio Nobel de Química (1904) polo descubrimento dos gases inertes do aire (gases nobres) como o helio, coa axuda de P. T. Cleve, ou o argon, xunto con Rayleigh e a determinación da súa posición na táboa periódica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mecánico e técnico inglés. Construíu diversos instrumentos de física, sobre todo de óptica, e en 1768 inventou unha máquina electrostática. Tamén estudou a expansión dos metais e estableceu un método para trazar círculos graduados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Faraón exipcio da dinastía XIX (1304?-1237? a C), fillo de Sethi I. Herdou de seu pai unha sólida posición en Palestina que lle permitiu intentar recuperar Siria, perdida no período de Al-Amarna. Despois dunha primeira campaña (1301 a C) levou a cabo a expedición de 1300 a C, na que librou a indecisa Batalla de Kadeš contra o hitita Muwatalliš. Este semifracaso provocou diversas revoltas en Palestina que sufocou en tres campañas (1299 ou 1298, 1297 e 1295 a C). Foi un dos faraóns que construíu máis obras como o Piramsés, no delta do Nilo, o Ramesseum e os speos de Abu Simbel, na Baixa Nubia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Faraón exipcio da dinastía XX (1198-1166 a C). Foi o soberano máis destacado desta dinastía. Librou importantes batallas defensivas, derrotou as tribos libias en 1194 a C e en 1188 a C e en 1191 a C obtivo un gran triunfo sobre seis pobos do mar. Durante gran parte do seu reinado o país viviu unha auténtica prosperidade, o que lle permitiu construír obras monumentais como o templo palacio de Madīnat Habu ou enviar expedicións a Punt e ao Sinaí. Ao aumentar, en cambio, a riqueza dos sacerdotes de Ammón, estes volvéronse aínda máis poderosos.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico inglés. Bispo de Durham (1940) e de York (1956), foi nomeado arcebispo de Canterbury e primado de Inglaterra en 1961, cargo ao que renunciou ao cumprir 70 anos (1974). Como ecuménico, ocupou unha das seis presidencias do Consello Ecuménico das Igrexas (1961), visitou a Paulo VI en Roma (1966) e estableceu contactos con teólogos e pastores de diversas confesións.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e matemático inglés. Seguidor en parte de L. J. J. Wittgenstein, propuxo algunhas modificacións nos Principia Mathematica de B. A. W. Russell e A. N. Whitehead. A maioría dos seus traballos recóllense no volume póstumo The Foundations of Mathematics an Other Logical Essays (1931).
VER O DETALLE DO TERMO