"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal diario, agás festivos, existente en Ourense dende o 11 de xullo de 1878 ata o 20 de agosto dese mesmo ano, cando chegaba ao número 28. Subtitulábase “Diario de intereses generales y materiales”. Colaboraron nel, entre outros: Elías Aldea, Arturo Vázquez e X. M. B. de Allariz. Contiña informacións políticas e culturais.
-
SEMANARIOS
Semanario editado en Santiago o 16 de marzo de 1846, que cesou o 5 de xullo dese mesmo ano. Foi subtitulado “Periódico de recreo y utilidad universal” e contaba coas seccións: “Parte Oficial”, “Santorum”, “Bibliografía”, “Variedades”, “La Publicidad” e “La Armonía”. Nelas trataba informacións da cidade, incluía artigos de literatura, biografías e novas de sociedade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de tendencia liberal aparecido na Coruña en 1862, subtitulado “Diario independiente”. Fundado polos irmáns Ezequiel e Eladio Fernández de Miranda e por Gonzalo Brañas, antes de 1877 pasou a chamarse El Anunciador. Colaboraron nel moitos escritores de prestixio da época e, en 1864, publicou o folletín Contos da miña terra asinado por R. C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal fundado en Vigo en 1864 e que desapareceu coa revolución de setembro de 1868.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que apareceu en Pontevedra en febreiro de 1881, durante doce días, por mor da sanción a El Anunciador.
-
-
Dar noticia a alguén dalgunha cousa para que estea advertido e obre en consecuencia.
-
Facer que alguén saiba que algunha cousa lle pode supor algún problema.
-
Advertir a alguén, especialmente a algún colectivo profesional, para que preste os seus servicios.
-
-
-
Acción e efecto de avisar.
-
Palabras, escritos ou recados para avisar dalgunha cousa.
-
Técnica publicitaria empregada na radio e na televisión que consiste en emitir unha mensaxe comercial como se se tratase dunha advertencia propia da programación.
-
Navío de guerra pequeno, pouco armado, e de características pouco precisas, que serve para algúns dos diferentes usos que teñen os barcos das flotas. Actualmente, os avisos fan as funcións de buques gardapesca, patrulleiros, barcos hidrográficos, etc.
-
Escrito asinado onde se declara que se recibiu unha carta, un envío, cartos ou cousas semellantes.
-
-
-
-
Comezar a distinguir coa vista algo a moita distancia.
-
erse ou reunirse unha ou máis persoas para tratar algún asunto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado morboso producido pola falla ou escaseza, nun organismo, dunha ou de varias vitaminas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín avitus ‘relativo ao avó’, ‘que vén dos avós’, derivado de avus ‘avó’. Na Gallaecia do s V houbo dous parentes antipriscilianistas de nome Avito. Un deles foi presbítero de Braga e, no ano 410, peregrinou a Xerusalén dende onde lle escribiu ao bispo de Braga Balconio anunciando que enviaba reliquias de santo Estevo. En Xerusalén leu a Oríxenes e, á súa volta a Gallaecia, predicou o Orixenismo a pesar de ter discutido con san Xerome sobre os erros e perigos desta doutrina. O segundo Avito viaxou a Roma, onde estudiou a Mario Victorino; cando volveu, o seu familiar introduciuno no Orixenismo. No santoral figuran dous Avitos, un bispo e outro presbítero de Clermont (Francia); a festividade do primeiro celébrase o 5 de febreiro e, a do segundo, o 17 de xuño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emperador romano de Occidente (455-456). Ao morrer Petronio Máximo (455) foi elixido polos visigodos para dirixir a loita contra os vándalos, que se estableceran no norte de África. Ao non ter éxito a súa procura de axuda no Imperio Romano de Oriente, foi deposto polos visigodos no 456.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Bispo da Viena do Delfinado, contribuíu á conversión de Sexismundo de Borgoña (490), que foi quen no 516 fixo do Catolicismo a relixión oficial do seu Reino. A súa festividade celébrase o 5 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de avituallar.
-
-
Que realiza o avituallamento.
-
Persoa que fai o avituallamento.
-
-
-
Acción e efecto de avituallar.
-
Provisión de vituallas.
-
-
-
Prover de vituallas, municións, víveres, combustible, etc.
-
Prover(se) de todo o que se necesita.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Susceptible de ser avivado.
-
-
de avivar.
-
Que ten máis viveza, que se fixo máis activo que antes.
-
Dise da persoa esperta, que obra con dilixencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen aviva.