"Alca" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 261.

  • Axente antialcalino que remedia ou prevén a alcalinidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que remedia ou prevén a alcalinidade.

    2. Que resiste a acción dos álcalis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que se lle dá aos montes Sredna Gora, en Bulgaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da substancia que, engadida á auga, fai soluble o cal impedindo que este se deposite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Dominaba a versificación e a metáfora. Escribiu un poema latino en honor do humanista Álvaro Cadaval Valladares de Sotomayor. Segundo Murguía, escribiu o tratado De sacramentis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo río Guadiamar (3.387 h [1996]). A súa estrutura económica baséase nas actividades agrarias, destacando as producións de cereais, vide, oliveiras e produtos da horta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo franciscano de orixe lucense. Foi fundador de varios conventos e preparou o Capítulo Xeral de Tolosa. Foi discípulo de san Boaventura e escribiu unha obra sobre cuestións metafísicas que se atribuíu erroneamente a Duns Escoto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    A máis oriental das tres penínsulas meridionais de Europa, ocupada polos estados de Albania, Grecia, Bulgaria, Eslovenia, Croacia, Bosnia-Herzegovina, Iugoslavia, Macedonia e o territorio europeo de Turquía. O seu límite setentrional está formado pola terminación oriental dos Alpes centrais, a planicie húngara e a cunca do Danubio. Está rodeada polos mares Adriático, Xónico, Exeo, de Mármara e Negro. A península está constituída por un núcleo central flanqueado por serras de dobramento alpino: os Alpes Dináricos e os montes Balcáns. Os ríos da península son xeralmente curtos e teñen que franquear as montañas por desfiladeiros fondos. As costas son moi recurtadas, especialmente as dos mares Adriático, Xónico e de Mirto, bordeadas por numerosas illas. A flora da Península Balcánica é unha das máis ricas de Europa. A fauna é unha mestura de tres elementos principais: as formas mediterráneas dominan ao S e ao SO, as especies de estepa orixinarias de Asia atópanse nas terras baixas do L e no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflitos bélicos que tiveron lugar na Península Balcánica entre 1912 e 1913, derivados dunha situación explosiva, arrastrada desde o s XIX e que tivo as súas orixes por unha banda, nos problemas do decadente Imperio Otomano e por outra, nas ambicións de Austria-Hungría, Rusia e Italia por expansionarse na península e crear zonas de influencia, fronte ás aspiracións nacionais dos pobos eslavos. En 1912, serbios e búlgaros (aspirantes a crear a Gran Serbia e a Gran Bulgaria), aliados con Grecia e Montenegro, conformaron a Primeira Liga Balcánica e declararon a guerra a Turquía, dando lugar á Primeira Guerra Balcánica (outubro 1912-marzo 1913). Turquía é derrotada e no Tratado de Londres (maio 1913) estableceuse o seguinte reparto territorial: Grecia incorporou o sur de Macedonia, Salónica e Creta; Serbia o norte de Macedonia; Bulgaria obtivo Tracia; Montenegro conseguiu unha porción do Sandžck e Albania accedeu á independencia. Pronto xurdiron desavinzas entre os vencedores que deron lugar...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Balcáns ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante dos Balcáns.

    3. Conxunto de linguas que comprende esencialmente o grego moderno, o romanés, o búlgaro e o albanés. Estas linguas faladas nos Balcáns pertencen (agás o turco, introducido a partir do s XIV) á familia indoeuropea: antigamente o tracio, o ilirio, o dacio, o epirota, o grego antigo e o macedonio antigo, entre outros. Actualmente, o búlgaro, o macedonio, o serbocroata e o esloveno (eslavos), o romanés (románico) e o albanés e o grego, de difícil filiación. Segundo a evolución histórica e cultural empregouse o alfabeto cirílico (búlgaro, macedonio e serbocroata por parte dos falantes de tradición ortodoxa) ou o latino (esloveno, romanés e serbocroata, de falantes de tradición católica, e tamén no turco, que substituíu ao árabe no s XX, e no albanés moderno); o grego moderno conservou o seu propio alfabeto. A pesar da súa diversidade, existen conexións profundas entre as diversas linguas balcánicas. O feito lingüístico representado polas afinidades entre estas linguas ten un interese teórico moi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de fragmentación dun territorio en estados máis pequenos. OBS: Esta palabra comezou a usarse despois da Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra de dobramento terciario da Europa sudoriental que forma parte do sistema alpino. Comeza nas costas do Mar Negro; ao longo de máis de 300 km as súas estruturas presentan unha dirección L-O, e serven de fronteira entre Bulgaria e Iugoslavia chegando ata o Danubio ao paso das Portas de Ferro, onde se enlazan cos Alpes de Transilvania. Os cumios máis altos son o Midzur (2.168 m), o Vezen (2.198 m) e o Botev (2.376 m). A rexión dos Balcáns está moi pouco poboada, agás algunhas cuncas e vales amplos apropiados para o establecemento humano. Os Balcáns son ricos en recursos minerais, deles extráese: cobre, ferro, zinc, chumbo e carbón. Son moi coñecidas tamén as súas fontes termais. Ao S dos Balcáns e paralelamente esténdense os Antibalcáns ou Sredna Gora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Nome con que se coñece o conxunto de países da Europa sudoriental e a rexión que ocupan (rexión Balcánica).
    Xeografía
    A noción unitaria dos Balcáns non se desenvolveu ata o s XIX. O concepto de Península Balcánica, creado polo xeógrafo alemán Zeune por analoxía coas Penínsulas Ibérica e Itálica, a partir dos montes Balcáns, estendeuse ao conxunto dos territorios do S do Danubio, o Sava e o Kupa. Desde un punto de vista político abrangue os actuais estados de Albania, Bulgaria, Grecia, Eslovenia, Croacia, Bosnia-Herzegovina, Iugoslavia, Macedonia, a Turquía europea e tamén Romanía, debido aos seus vencellos históricos e culturais, se ben non pertence á península. É unha rexión montañosa, prolongación do sistema alpino, que está constituída polas cadeas Dináricas, os montes Balcáns, o Rodope e o Pindo, que alternan con cuncas interiores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben os acordos asinados en 1934 e en 1954, que intentan reducir a tensión na zona. O primeiro (febreiro de 1934) é un pacto de defensa común entre Iugoslavia, Romanía, Grecia e Turquía. A alianza era demasiado débil para ofrecer unha resistencia común á invasión alemá e italiana; ademais cada estado mantiña unha actitude diferente fronte á guerra. Ao acabar a guerra firmouse un novo pacto de axuda e colaboración militar, asinado o 9 de agosto de 1954 entre Iugoslavia, Grecia e Turquía na Conferencia de Veldes. Respondía basicamente á política exterior da antiga Iugoslavia de achegamento ás potencias occidentais. Os asinantes comprometíanse a responder conxuntamente a calquera agresión feita a un deles. O pacto foi motivo de tensión entre Iugoslavia e a URSS. A reconciliación de ambos os dous estados dende 1955 deixouno sen efecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dialecto do carachai que é falado por unhas 60.000 persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica de Valcarce, apelido de orixe toponímica. Este nome de lugar xa se documenta na Idade Media como valle carceris ‘val encaixado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica de Valcárcel, forma castelá que remite ao apelido galego Valcarce. Trátase dun apelido de orixe toponímica, pois xa na Idade Media se documenta este nome de lugar: valle carceris ‘val encaixado’. O apelido atéstase desde o s XIV: “Garcia Rodrigues de Valcarcere” (doc s XIV en Señores y campesinos en Galicia s XIV-XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Produtor, distribuidor, guionista e realizador cinematográfico. Coa participación dos seus irmáns Francesc Balcázar (produtor) e Jaume Jesús Balcázar (realizador), tentou, con resultados económicos irregulares, agrupar nunha soa empresa estas ramas da cinematografía. Fundou en 1951 Produciones Balcázar SA e máis tarde a produtora Filmax. Como director realizou La encrucijada (1959), Cena de matrimonios (1962), Con la muerte a la espalda (1967), Las primeras experiencias (1974) e Julieta (1983), películas das que tamén foi o guionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado no extremo NO da provincia, drenado polos ríos Zújar e Guadamatilla (3.943 h [1996]). A base da súa economía é agrícola (hortalizas, cereais, legumes, vides e olivos) e gandeira (lanar). Hai tamén minería de carbón e canteiras de granito e de lousa. Entre o seu patrimonio monumental destaca o convento de Santa Clara (s XI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador do Reino de Quito e do sur de Nueva Granada. Foi chamado tamén Belalcázar. Chegou ás Indias seguramente cara ao 1507, como partícipe das expedicións de Panamá e Nicaragua. En Perú estivo presente na batalla de Cajamarca, no ano 1532. Gobernador de Piura, conquistou, explorou e colonizou os quitos, os vales do Cauca e do Patía, e fundou moitas cidades como Santiago de Guayaquil (1535), Quito (1536), Popayán e Cali. En 1540 foi nomeado gobernador do Popayán, cargo que perdeu acusado de crueldades cos indios.

    VER O DETALLE DO TERMO