"Pin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 715.
-
VER O DETALLE DO TERMO
1carpín.
-
FILOSOFOS
Filósofo e sociólogo. Licenciado en Dereito e Filosofía pola Universidad Complutense de Madrid, foi profesor de filosofía e metodoloxía da ciencia na UNED. A súa investigación centrouse no estudo das drogas e colaborou de forma asidua cos xornais El País e El Mundo. Entre as súas obras destacan Marcuse: utopía y razón (1969), De physis a polis: la evolución del pensamiento filosófico griego de Tales a Sócrates (1975), Historias de familia: cuatro mitos sobre el sexo y el deber (1978), Filosofía y metodología de las ciencias (1987), Historia general de las drogas (1989-1990), El libro de los venenos (1990), El espíritu de la comedia (1991), Las drogas de ayer a mañana (1994), Formación del profesorado de filosofía y de ciencias sociales (1996), La cuestión del cáñamo: una propuesta construtiva sobre el hachís y la marihuana (1997) e Caos y orden (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade da arte contemporánea que se sitúa a medio camiño entre a escultura e a pintura. Conxuga o relevo escultórico e a forma pictórica e concédelle grande importancia á cor -que se obtén dos propios materiais e non de forma externa- e á luz. Realízase sobre diferentes materiais, entre outros, o coiro, o plástico, as teas metálicas e elementos de refugallo.
-
-
Apéndice agudo, duro e ríxido que presentan algunhas plantas. A espiña está lignificada e ten tecido vascular, a diferencia do acúleo, que é de orixe epidérmica.
-
Parte esquelética, dura e puntiaguda, que posúen moitos animais, destinada a formar parte do seu esqueleto e que lles serve para protexerse.
-
-
Apófise ósea longa e delgada.
-
espiña alar
Apófise espiñenta do esfenoide.
-
espiña da omoplata
Eminencia ósea de forma triangular, situada horizontalmente na cara posterior da omoplata.
-
espiña da pube
Extremidade externa da rama da pube.
-
espiña de Spix
Eminencia ósea do maxilar inferior, na parte superior do orificio interno do conduto dentario. Nel insírese o ligamento esfenomaxilar.
-
espiña ilíaca
Extremidade das cristas ilíacas. Distínguense as superiores, unha anterior e outra posterior, e as inferiores, tamén unha anterior e outra posterior.
-
-
Masa pequena de materia sebácea que obtura o conduto excretor dunha glándula sebácea cutánea. Esta obstrución das glándulas sebáceas crea un ambiente propicio para o desenvolvemento de bacterias; a infección e inflamación da pel provocadas coñécese co nome de acne. Tamén se coñece coloquialmente cos nomes de espiña brava ou espiña carnal.
-
...
-
-
PERSOEIRO
Escritora. Publicou poesías en xornais de Santander e, nos anos que residiu en Chile, en El Correo Español de Buenos Aires, poemas que recolleu en Mis flores (1904). De tendencia realista, escribiu as narracións La rosa de los vientos (1916), Ruecas de marfil (1917), La niña de Luzmela (1909), La esfinge maragata (1914) e El metal de los muertos (1920). Tamén publicou Retaguardia (1938), libro de memorias sobre a Guerra Civil Española dende un punto de vista franquista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Adscrito ás tendencias vangardistas, publicou ensaios e críticas literarias en diversos xornais e dirixiu Nueva España. Da súa produción destacan os ensaios Lo cómico contemporáneo (1928), El nuevo diantre (1930); as poesías Umbrales (1918) e Signario (1923); as narracións Pájaro pinto (1927) e Luna de copas (1929); e a biografía Luis Candelas (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa María de Pacios (Baralla). Ten planta en forma de U con dúas alturas e conserva a capela pegada á fachada principal; esta construíuse con perpiaños e o resto do edificio con cachotería lucida e pintada. Nela destacan dous balcóns que enmarcan a portada, tres escudos e unha imaxe da Virxe. O terreo está rodeado por un muro de pedra.
-
PERSOEIRO
Escultor. Activo en Valladolid, traballou no eido da imaxinería. Entre as súas obras destacan San Miguel Arcángel, La Magdalena en el desierto, Cabeza de san Juan Bautista (1773) e Cabeza de san Pablo (1778). Realizou o cadeirado do coro da sala capitular da catedral de Valladolid e a do mosteiro de La Espina. Dende 1784 foi membro da Real Academia de la Purísima Concepción de Valladolid, na que foi tenente de debuxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Herba anual, de grandes follas glabras, lustrosas e onduladas, que forman unha roseta basal, e talo de ata 2 m, anguloso e ramificado, acabado nunha panícula de flores verdosas e arredondeadas, agrupadas en glomérulos. As súas follas adoitan comerse cocidas ou refogadas con aceite ou manteiga, como gornición de carnes e peixes, en sopas, en preparacións con ovo (albóndegas, tortillas e revoltos), en pasteis vexetais ou soufflé, e en ensaladas.
-
-
Acción e efecto de espiñar ou espiñarse.
-
Sensación de que algo malo vai ocorrer.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
espiñal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á espiña ou ao espiñazo.
-
PERSOEIRO
Pintor. Foi discípulo de seu pai, Gregorio Espinal (Sevilla? - 1746) e de Domingo Martínez. A súa obra caracterizouse pola pincelada lixeira e por unha estética achegada ao rococó. Entre as súas obras destacan Santas Justa y Rufina (1759) e a cúpula da igrexa de San Francisco de Utrera.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ferir ou picar cunha espiña.
-
Cercar con espiñeiros.
-
Ferirse ou picarse cunha espiña.
-
-
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Superior do convento de Santo Antonio da Pobra do Deán, en 1502 acompañou ás Indias o comendador frei Nicolás de Ovando e converteuse no primeiro misioneiro galego nos territorios americanos. En 1511 volveu á Península Ibérica para informar o Consello Real sobre o beneficio das encomendas, feito que provocou o seu enfrontamento con frei Bartolomé de Las Casas. En 1512 volveu a América xunto con corenta relixiosos para continuar o apostolado.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, na marxe dereita do río Moros (5.854 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura e a cría de gando vacún. O desenvolvemento nos últimos anos das vías de comunicación e do turismo favoreceu o sector servicios. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Nuestra Señora de La Losa (s XIII) e os restos dun antigo palacio de caza de Xoán II (s XIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. As súas creacións apareceron en diversas publicacións como Atlántico Express, Mancomún, Cuadernos de Psicoloxía e Artesonado. Cómpre destacar a súa participación nas seguintes mostras colectivas: I Fotobienal de Vigo (1984), I Bienal Lucense de Fotografía (1985), exposición Ollares no Tempo (A Coruña, 1985); mostra Foco de fotografía contemporánea (Madrid, 1985); exhibición Cuatro por Veinte (Lugo, 1988); II Mostra Fotográfica de Lugo (1989); e mostra do Outono Fotográfico (Ourense, 1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro dúplice situado xunto ao río Barbadelo que se documenta no 950.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello das Pontes de García Rodríguez baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e dramaturgo. Coñecido como Pierre Brasseur, destacou polas súas interpretacións teatrais en obras de A. Camus, J. P. Sartre, J. Anouilh e outros dramaturgos franceses. Debutou no cine en 1925 e traballou en películas de M. Carné, R. Clair e G. Franju.
VER O DETALLE DO TERMO