"Alca" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 261.

  • PERSOEIRO

    Pintor, caricaturista e crítico de arte. Coñecedor das vangardas europeas de entreguerras, converteuse nun dos renovadores da arte moderna no Brasil. Colaborou xunto con Anita Malfatti na creación da Semana da Arte Moderna (1922). Introduciu os temas brasileiros nas súas obras, como as favelas ou as festas populares, pintou escenas e tipos populares, e, sobre todo, a figura da mulata. A súa produción caracterizouse pola influencia do expresionismo e, principalmente, da poética do futurismo italiano e do tratamento xeometrizante das figuras segundo a obra de Fernand Léger. Entre as súas obras sobresaen Cinco moças de Guaratinguetá (1930), Mulata sentada (1936) e Cens da Bahia (1960). Está presente nas principais coleccións de arte contemporánea do Brasil. Entre os diversos galardóns que acadou destacan o Premio da II Bienal de São Paulo 1953 e a Medalla de Ouro da II Bienal Interamericana de Arte (México, 1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De familia güelfa, ocupou diversos cargos públicos e participou activamente nas loitas internas da cidade. Foi discípulo de Brunetto Latini, mantivo amizade con Dante Allighieri e recibiu a influencia da filosofía de Averroes. Considérase o principal representante do dolce stil nuovo. Da súa produción consérvanse arredor de cincuenta composicións das que destacan a canción “Donna mi prega”, sonetos e baladas que cantan a Giovanna ou a Madonna Primavera, entre as que destaca “Perch’io non spero” (1300). É autor tamén de poemas cómico-satíricos e de correspondencia (un soneto de queixa a Dante) e dunha serranilla. O primeiro libro impreso que recolleu as súas composicións foi Sonetti e canzoni di diversi antichi autori toscani, in X libri raccolti (Sonetos e cancións de varios autores toscanos antigos, recollidos en X libros, 1527).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte italiano. Estudiou na Academia de Venecia e foi inspector de belas artes en Roma. Publicou obras sobre pintura italiana e flamenga, en colaboración con Joseph Archer Crowe entre 1825 e 1896; entre elas destaca A New History of Painting in Italy (Unha nova historia da pintura en Italia, 1864-1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compostos alicíclicos de fórmula xeral CnH2n. Teñen propiedades intermedias entre as dos alquenos e as dos alcanos, e aseméllanse máis a estes ao aumentar as dimensións do ciclo. Dan os mesmos tipos de derivados funcionais ca os alcanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desbasificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subtraer ou malversar fraudulentamente unha cantidade de diñeiro ou uns bens que se tiñan baixo obrigación de custodia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portorriqueño. Participou na Guerra de Corea e alí foi correspondente. Premio Nacional del ministerio de Cultura de Tradución publicou, entre outras obras, El asedio y otros cuentos (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Leigo franciscano. Misioneiro nas Canarias, foi canonizado en 1558 polo Papa Sisto V, a instancias de Filipe II. Na iconografía leva o hábito franciscano dos leigos formado por unha túnica, un escapulario e un cordón e, como atributos persoais, unha cruz na man e unhas rosas recollidas no seu escapulario a xeito de mandil. A súa festividade celébrase o 13 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en 1934 entre Turquía, Romanía, Grecia e Iugoslavia por iniciativa do ministro romanés Titulesco, que obrigaba a estes países a non empregar a forza e a respectar as divisións territoriais establecidas no Tratado de Versailles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do länd de Turinxia, Alemaña (17.000 h [estim 1998]). Núcleo histórico, a súa actividade económica baséase no turismo cultural e nos servicios académicos, pois concentra un importante número de estudiantes en relación á súa poboación na Universität Schmalkalden (2.400 matriculados e 85 profesores [2001-2002]); neste centro, ademais do dereito e a economía, predominan os estudios de enxeñería e ciencias aplicadas, que aproveitan dende 1902 a tradición siderúrxica da cidade. Fundada no s XIII, pasou a formar parte da rexión de Hessen-Kassel en 1583 e desde 1866 de Prusia. Do seu patrimonio cultural destacan as casas da cidade medieval, a casa do concello (1419) e a igrexa de San Xurxo (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento redactado por Lutero en 1537 que compila a doutrina da Igrexa reformada. Recolle cuestións relativas á natureza divina, á liturxia e aos sacramentos, á salvación e ao ministerio de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición de cidades e príncipes protestantes alemáns comandada polo elector Xoán Federico de Saxonia e o landgrave Filipe de Hessen para defender as súas ideas políticas e relixiosas. Xurdiu entre decembro de 1530 e marzo de 1531 como resposta aos acordos da Dieta de Augsburgo e cunha duración inicial de seis anos; en 1535 prorrogouse por dez anos máis. Co apoio do rei de Francia Francisco I, a Liga iniciou en 1546 a Guerra de Esmalcada, ao ocupar numerosas posesións imperiais en Alemaña. En abril de 1547, os exércitos de Carlos V enfrontáronse con éxito aos protestantes na Batalla de Mühlberg e, trala Capitulación de Wittenberg (maio de 1547), Xoán Federico de Saxonia e Filipe de Hessen foron capturados e a Liga disolta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prehistoriador e arqueólogo. Catedrático de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela (2000), especializouse no estudo do fenómeno megalítico desde que defendeu en 1990 a súa tese de doutoramento sobre Estudio de los ajuares líticos de las sepulturas megalíticas del NO: Galicia y el N de Portugal (1991). Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium, Gallaecia, Arqueohistórica e BAR International Series. Das súas obras destacan Megalitismo de la Península Ibérica. Tipología y secuencia de los materiales líticos (1992) e Arqueoloxía da morte na Península Ibérica, desde as orixes ata o medievo (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Táboa delgada que se coloca de canto, de proa a popa, sobre o bordo das embarcacións menores como protección.

    2. Toro de madeira para serrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, fillo de Pietro Falca. Coñecido como Alessandro Longhi, destacou como retratista. As súas obras, entre as que destaca Domenico Cimarosa, reflectiron a caracterización individual e psicolóxica do retratado. Publicou Compendio della vita dei pittori veneziani istorici (1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Pietro Longhi, cultivou a pintura costumista e de xénero situada en ambientes interiores. Das súas obras destacan La mostra del rinoceronte (1751) e La lezione di ballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a unha embarcación menor de pesca propia das Rías Baixas, de entre 12 e 15 toneladas, que se dedicaba fundamentalmente a transportar sardiña salgada a Portugal.

    2. Aplícase á cruz heráldica cos brazos rematados en media lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista italiano. Viviu en Sicilia durante os reinados de Guillerme I e Guillerme II e foi autor do Liber do Regno Siciliae (1154-1169).

    VER O DETALLE DO TERMO