Máiz Suárez, Ramón

Máiz Suárez, Ramón

Politicólogo. Doutor en Dereito (1982) e catedrático de Ciencias Políticas e da Administración (1993).   Colaborou en Grial, A Trabe de Ouro e   Journal of Political Ideologies. Das súas obras destacan O rexionalismo galego, organización e ideoloxía: (1886-1907) (1982), Alfredo Brañas: el ideario del regionalismo católico-tradicionalista (1983), O Nacionalismo Galego: organización e ideoloxía (1897-1904) (1984), As Institucións políticas no Estatuto de Autonomía para Galicia (1988), A idea de nación (1996) e O pensamento político de Murguía (1999). En colaboración con R. L. Blanco Valdés e X. A. Portero Molina publicou Las elecciones en Galicia: El Parlamento Gallego (1982);  con Vilas Nogueira, Caamaño Domínguez e Rivera Otero O sistema político de Galicia: I. As Institucións (1994); e con E. Guitián e A. Arteta Teoría política (2003). Recibiu o Premio Galicia de Investigación en Ciencias Sociales (1986) e o Premio Estatuto de Autonomía do Parlamento de Galicia (1987).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santa Cruz de Tenerife