Schuman, Robert

Schuman, Robert

Político. Dirixente do Moviment Republicain Populaire (MRP), foi deputado, ministro de Finanzas (1946), presidente do consello (1947-1948), ministro de Asuntos Exteriores (1948-1953) e de Xustiza (1955-1956). Partidario da Unión Europea, propuxo o denominado Plan Schuman (1950), que levou á creación da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Luxemburgo

  • Deceso

    Lugar : Scy Chazelles, Lorena