Barnave, Antoine-Pierre

Barnave, Antoine-Pierre

Político francés. Deputado nos Estados Xerais (1788), chegou a ser presidente deles (1791). Logo da fuxida frustrada de Luís XVI (xuño de 1791), aconsellou o establecemento dunha monarquía constitucional moderada e fixo votar a súa inviolabilidade. A Convención condenouno a morte e foi guillotinado. É autor, entre outras obras, dunha Introdution à la Révolution française (Introdución á Revolución Francesa) publicada postumamente no 1843.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Grenoble

  • Deceso

    Lugar : París