"Ávalos" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
FAMILIAS
Familia de orixe castelá que se estableceu en Nápoles a mediados do s XV, onde se converteu, por mor da súa fortuna e dos cargos políticos e militares que ocuparon os seus membros, nunha das máis destacadas da Italia do s XVI. Xa en posesión do marquesado de Pescara e do condado de Loreto, herdados dos Aquino, obtiveron no 1496 o marquesado do Vasto e, máis tarde, os principados de Montesarquio (1529), Francavilla (1540), Isernia (1644) e Troia. Durante dous séculos vencelláronse ao cargo de gran camarlengo do Reino de Nápoles. Entre os seus membros sobresaíron: Afonso de Ávalos , que destacou como brillante condottiere, e o seu irmán Íñigo de Ávalos (1481), primeiro gran camarlengo do Reino de Nápoles (1449), que foi nomeado conde de Monteodorisio (1452); netos deste foron os primos irmáns Ferdinando Francesco de Ávalos e Afonso de Ávalos ; o fillo deste último, Ferdinando Francesco...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Marqués do Vasto. Fillo de Íñigo, marqués do Vasto, e de Laura Sanseverino. Herdou posteriormente o marquesado de Pescara e o principado de Francavilla. Como marqués do Vasto (1536), comandou as tropas na campaña contra Tunicia. Exerceu como gobernador de Milán (1538-1546). Humanista e poeta, foi, xunto coa súa dona María de Aragón, protector de artistas e literatos (Tiziano, Pietro Aretino e Iacopo Nardi).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Marqués de Pescara e conde de Loreto. Era fillo de Afonso e de Diana de Cardona. Participou activamente nas loitas militares de Italia entre 1512 e 1525, ao servizo de Fernando II de Aragón e do Emperador Carlos V. No ano 1521 contribuíu á conquista do Milanesado e no 1525 foi o artífice da vitoria de Carlos V en Pavía. Foi gobernador da illa de Ischia e camarlengo do Reino de Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ávalos.
-
PERSOEIRO
Escritor arxentino. Fundador dunha familia de poetas e cantores, a súa obra encádrase dentro da estética do rexionalismo. Da súa produción destacan: De mi vida y de mi tierra (1914), Salta (1921), El viento blanco (1922), Los casos del zorro (1925), Relatos lugareños (1930) e Cuentos y relatos del norte de Argentina (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, diplomático e escritor, segundo marqués de La Mina, grande de España, conde de Pezuela de Torres e cabaleiro das ordes de Calatrava e do Vélaro de Ouro. Loitou na Guerra de Sucesión a favor de Filipe V, participou nas expedicións de Sardeña e Sicilia (1717-1720) e na toma de Orán (1732). Embaixador en París, foi nomeado en 1742 capitán xeneral de Catalunya. Foi ademais autor, entre outras obras, de Máximas para la guerra (1767) e Memorias sobre la guerra de Cerdeña y Sicilia en los años 1717 a 1720 y guerra de Lombardía en los de 1734 a 1736 (1898).
VER O DETALLE DO TERMO