Benvido a EGU - Enciclopedia Galega Universal

Aínda non se creou contido para a páxina principal.

Ceferino, san

Pontífice romano (199-217), sucesor de Víctor I. Consagrou 13 bispos, 13 presbíteros e 7 diáconos. Como defensor da fe obrigou a que os fieis comungasen pola Pascua e combateu as herexías de montanistas e teodorianos. Represéntase na arte iconográfica con vestiduras papais, coa tiara e coa cruz de tres traveseiros. A súa festa celébrase o 26 de agosto.

Máis >
Talvio, Maila

Escritora finlandesa. De nome Maria Mikkola Winter, da súa prolífica obra, a cabalo entre o realismo e o subxectivismo, destaca Pimeänpirtin hävitys (A destrución de Pimeäpirtin, 1901), Elämän Kasvot (A cara da vida, 1916), Silmä yössä (O ollo da noite, 1917), Kurjet (Os guindastres, 1919) e Kirkonkello (A campá, 1922).

Máis >
Kalinin, Mikhail Ivanovič

Político ruso. Participou na Revolución de 1905 e foi un dos dirixentes da Revolución de 1917, acadando o cargo de presidente do comité central dos soviets (1923) e de presidente da URSS (1938).

Máis >
Gómez González, Samuel

Profesor. Durante a Guerra Civil dirixiu o voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios Galicia Libre. Publicou varios libros de poemas e colaborou en diversas revistas literarias (1955-1977). O seu poemario Posío (1956) acadou o Premio de Poesía Galicia en 1955.

Máis >
Medgyessy, Ferenc

Escultor húngaro. Estudiou pintura e escultura en París, onde acadou un estilo baseado en formas macizas para composición pechada. Da súa obra destacan as esculturas O pensador gordo (1911) e Muller fregando (1913), os relevos Fuxitivos (1909) e Bailaríns (1912), e numerosos monumentos fúnebres.

Máis >
Lamiñas, As

Monte situado na parroquia de Covas (San Cristovo de Cea). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

Máis >
Esteve i Abad, Pere

Político e enxeñeiro industrial. Profesor de electrónica e automática da Escola Superior de Enxeñeiros Industriais de Barcelona (1965-1969), entrou en Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) en 1975 e en 1984 no seu Consell Nacional. Foi deputado do Parlamento de Catalunya entre 1992 e 1995. Foi secretario xeral de CDC (1996-2000), membro do Secretariat Permanent de CDC e do Comité d’Enllanç de CiU e desde 1999 deputado no Parlamento europeo. Foi un dos impulsores da Declaración de Barcelona (1998). Fundador e vicepresidente do Institut Catalá de Tecnologia (ICT) e do Institut Catalá d’Inspecció i Control Técnic (ICICT), presidiu dende 2000 a Fundació Ramon Trias Fargas.

Máis >
Gandak

Río do Nepal e da India (700 km). Nace no Himalaia central pola unión de catro torrentes e penetra na India, onde, diante de Patna, conflúe pola esquerda co Ganxes.

Máis >
Semanario Político, Histórico y Literario de La Coruña

Semanario publicado na Coruña a partir do 2 de agosto de 1809. Cesou en setembro de 1810 (nº57). Fundado e dirixido por Manuel Pardo de Andrade, constaba das seccións de política, historia -redactada polo director-, e literatura, en que incluíu narracións dos feitos acontecidos en Galicia na guerra contra os franceses. O seu obxectivo foi manter vivo o espírito de resistencia fronte á invasión e salvagardar a cultura galega. De tendencia progresista e demócrata, traballou pola difusión do pensamento liberal.

Máis >
Loading