Bienvenido a EGU - Enciclopedia Galega Universal
Todavía no se ha creado contenido para la portada.
Escritor e crítico. Pertence ao movemento de vangarda Gruppo 63. Das súas obras destacan a recompilación de poesías Catamerone, 1951-71 (1974), as novelas Capricio italiano (1963) e Il gioco dell’oca (1967), a obra teatral Teatro (1969), e os ensaios literarios La missione del critico (1987), Lettura del Decameron (1989), Per musica (1993), Il chierico organico e Scritture e intellettuali (2000).
Escritor, tradutor e director teatral. Licenciado en letras. Fundou o Teatro Independente Catalán e o grupo teatral Gil Vicente. Viviu en Alemaña algún tempo. Introduciu no teatro catalán as correntes teatrais doutros países. Xunto con Artur Quintana publicou unha antoloxía alemá de loita chamada A la paret, escrit amb guix (Na parede, escrito con xeso, 1967). Escribiu textos teóricos como Per una acció teatral (Por unha acción teatral, 1971). Comezou a súa obra poética Albes breus a les mans (Amenceres breves nos mansos, 1973) e Llibre de meditacions (Libro de meditacións, 1973). En 1980 recompilou a súa obra poética en Si tot és dintre (Se todo está dentro). Anos máis tarde publicou os poemarios Semblança (Semellanza, 1986), Per Puck (Para Puck, 1992) e Al llarg de tota una impaciència (Ó longo de toda unha impaciencia, 1994). En 1988 recibiu o Premio Nacional de Teatro e en 1994 o Premio Nacional de Tradución.
Parroquia do concello de Coirós baixo a advocación de santa Mariña.
Poeta. Membro da corte dos reis de Aragón en Nápoles, formou parte da Academia Pontaniana co nome de Actius Syncerus. Escribiu Gliuommeri, monólogos satíricos de carácter popular, Farse, Sonetti e canzoni, cinco Eglogae piscatoriae, tres libros de Epigrammi e tres de Elegiae, a novela pastoril L’Arcadia (1480-1484), en prosa e verso, e o poema relixioso De partu Virginis (1513-1526).
Naturalista. Coñecido como cabaleiro de Lamarck, foi discípulo de Bernard de Jussieu, e en 1778 publicou a súa obra Flore française, onde utilizou por primeira vez unha clave dicotómica para clasificar as plantas. O conde de Buffon, interesado polo seu traballo, confioulle unha misión científica por Europa central para enriquecer as coleccións de plantas do Jardin du Roi. En 1794 foille concedida a cátedra de zooloxía do museo de ciencias naturais, co cargo de clasificar as coleccións de animais inferiores. Da súa obra destacan Philosophie zoologique (1809), onde expuxo as súas ideas sobre os seres vivos e formulou a primeira teoría positiva sobre a evolución, e Histoire naturelle des animaux sans vertèbres (1815-1822), onde recolleu os seus coñecementos sobre invertebrados e puxo os fundamentos da súa clasificación sistemática.
Explorador. Viaxou polas Terras Árticas e percorreu a última sección do paso do NO. Recibiu o título de sir.
Compositor e pianista ruso. Discípulo de M. Steinberg e de A. Glazunov, das súas obras destacan as óperas Nos (O nariz, 1930) e Ledi Makbet Mcenskogo vezda (Lady Macbet de Mcensk, 1934), as súas quince sinfonías (1926-1972), os quince cuartetos (1938-1974), un concerto para violoncello (1966), varios ballets, música para piano, de cámara, para teatro e diversas bandas sonoras para cine.
