Temas
Político paquistaní formado nas universidades de Inglaterra e EEUU. En 1957 foi nomeado embaixador do seu país na ONU. Coa chegada ao poder de Ayyūb Khān (1958-1966), ocupou en 1958 o ministerio de Comercio e en 1963 o de Asuntos Exteriores. Dimitiu en 1966 pasando á oposición desde o Partido Popular de Paquistán, fundado por el mesmo en 1967. Tralo golpe de estado de Yahya Khān (1969), este nomeouno primeiro ministro e ministro de Asuntos Exteriores en 1971 ata a caída do goberno militar en que pasou a asumir o poder ocupando os cargos de Presidente e primeiro ministro (1971-1973). Exerceu un goberno autoritario, de dureza contra os movementos sociais, evolucionando cara ao conservadurismo. Deposto polo exército tralo golpe de estado de 1977, posteriormente foi executado.
Mestre. Foi inspector de ensino primario e tamén se dedicou ao estudo da historia e da arte. Dirixiu o Boletín de Educación (1934-1936) e publicou Educación física. Que debe ser la educación gimnástica en la escuela primaria? Programa de ejercicios que deben practicar los niños (1909). Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio e foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia Galega da Historia.
Realizador cinematográfico inglés. Producións destacadas son The Hit (A viganza, 1984), My Beautiful Laundrette (A miña fermosa lavandería, 1985), Dangerous Liaisons (As amizades perigosas, 1988), The Grifters (Os timadores, 1990), Hero (Heroe por accidente, 1992), The Snapper (Café irlandés, 1993), Mary Reilly (1995), High Fidelity (2000) ou Liam (2002).
Rei de Northumbria (616-633), fillo do rei de Deira. No comezo do seu reinado atacou o N de Gales, onde tomou Elmet e Anglesey. Converteuse ao cristianismo (627) e morreu nun ataque dos reis Catwallon de Gales e Penda de Mercia (632). Foi venerado como santo na Idade Media.
Pedagogo. Estudiou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid (1871-1874) e na Escola Superior de Diplomática (1876-1877 e 1880-1881). Foi director do Museo Pedagógico Nacional (1883-1929), o primeiro catedrático de Pedagoxía en España (1904), conselleiro de Instrución Pública (1921) e presidente do padroado de Misiones Pedagógicas (1931). Foi o principal discípulo de Francisco Giner de los Ríos, fundador da ILE (Institución Libre de Enseñanza), e o principal defensor dos plans que Giner trazara para a reforma da educación e da sociedade española, participando, por exemplo, na Fundación Sierra-Pambley ou na Escuela-Asilo Sotés. Tivo unha forte vinculación coa sociedade e cultura galega a través da súa esposa Carmen López-Cortón Viqueira. A partir de 1890, e acompañado frecuentemente por Francisco Giner e outros profesores institucionistas, pasou os veráns na casa grande de San Vitorio en Vixoi (Bergondo), e influíu nas primeiras experiencias de colonias de vacacións escolares en Galicia,...
Astrónomo grego. Da súa obra só perviviu Da magnitude e a distancia do Sol e da Lúa. Formulou por primeira vez unha teoría heliocéntrica completa, probablemente cara ao ano 280. Por outra banda, perfeccionou a teoría segundo a cal a terra xira ao redor do seu propio eixe, explicou o ciclo das estacións pola inclinación da eclíptica e contribuíu a unha mellor medición do ano trópico. A hipótese heliocéntrica de Aristarco foi moi combatida na súa época. Non volveu ser exposta ata finais do Renacemento.
Realizador cinematográfico inglés. Da súa obra destacan as adaptacións biográficas Music Lovers (1969), The Devils (1970) e Savage Messiah (1972), ademais de Women in love (1969), Mahler (1973), Tommy (1974), Lisztomania (1975), Valentino (1977), Altered States (1980), Crimes of Passion (1984), Gothie (1987), Whore (1990), Prisoners of Honour (1991) e Lion’s Mouth (2000).
Escritor. Da súa obra destacan Caminando al sol de Galicia (1946-1947, premiado polo Centro Galego de Bos Aires), Río Lérez (1950), Gracia e ingenio de Pontevedra (1954), Hombres y cosas de ayer y de hoy (1967), Presencia y gozo del humorismo gallego (1968), En Galicia, una vez (1969) e Xoias e coitas da terra orballada (1972). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Astrónomo inglés. En 1846 descubriu Tritón, satélite de Saturno, e dous anos despois observou o satélite Hiperión, dous días despois de ser descuberto por W. C. Bond en EEUU. En 1851 descubriu dous novos satélites de Urano, Ariel e Umbriel. En 1864 dirixiu a construción dun telescopio reflector na Valletta (Malta).
Escritora francesa. Traduciu a Floro, Calímaco e Anacreonte, e realizou unha edición das Comedias de Terencio, dos Pensamentos de Marco Aurelio e da Ilíada de Homero. Ademais, publicou o ensaio As causas da corrupción do gusto (1714).
