Temas

Seixas

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, cinco pombas de prata, pousadas e colocadas en aspa. Outra trae, en campo de azul, seis pombas de prata, colocadas en dous paus de tres. Outra, en campo de prata, tres pombas de goles, mal ordenadas. Outra, en campo de goles, un azor da súa cor, cun cascabel de prata colgado do colo, sostido dun penedo da súa cor, en punta. Presenta a variante castelanizada Seijas.

Más >
Santamarina

Liñaxe de orixe galega que presenta escudo de ouro, con castelo de goles, marcado con liñas de prata, e aclarado de azul, sostido de ondas de azul e prata; na fiestra central do castelo, un brazo armado que empuña unha espada de prata; bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro. Outro presenta escudo partido: 1, de goles cunha banda de ouro engolada en dragantes do mesmo; 2, de goles, cun castelo de prata; bordo para esta partición, de prata cargada de oito M maiúsculos de sable.

Más >
Román

Liñaxe de orixe castelá que se estendeu por toda Galicia. Trae por armas, en campo de ouro, unha cruz flordelisada de goles, acompañada de catro flores de lis de azul, colocadas unha en cada cantón do escudo; bordo de goles cargado de oito aspas de ouro.

Más >
Tafur

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, tres faixas axadrezadas de azul e prata, de dúas ordes; bordo axadrezado de azul e prata de dúas ordes.

Más >
Xuarra

Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de goles, unha torre de prata.

Más >
Tenorio

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, tres faixas axadrezadas de azul e prata, e brochante sobre o todo un león rampante de goles.

Más >
Ribadavia

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, unha cidade fortificada do mesmo -en contra das leis heráldicas-, cun castelo dentro, e saíndo dunha fiestra da torre da homenaxe un brazo armado sostendo na man unha bandeira de prata cargada dunha aspa de goles.

Más >
Silveira

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, un león rampante de goles, coroado de ouro; bordo de prata cargado de cinco escudiños de azul, cargado cada un de cinco besantes de prata colocados en aspa.

Más >
Taboada

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, tres paus de prata, afastados; bordo de prata cargado de oito caldeiras de sable. Outro, en campo de goles, catro billetes de ouro postos en pau e colocados en dúas faixas de dous; bordo de prata, cargado de dez caldeiras de sable. Outro, en campo de goles, cinco mesas de prata, colocadas en aspa; bordo de ouro, cargado de oito caldeiras de sable. Outro, en campo de goles, seis billetes de ouro, postos en pau e colocados en dúas faixas de tres, superados en xefe de tres flores de lis de ouro. Outro, en campo de goles, tres paus de ouro, afastados, deitados de seis caldeiras de sable, colocadas en pau, tres en cada flanco. Outro, en campo de goles, cinco paus de ouro, afastados e colocados en faixa; bordo de prata, cargado de nove caldeiras de sable. Outro, en campo de goles, catro paus de ouro, afastados; bordo de prata cargado de oito caldeiras de sable.

Más >
Rodicio

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, un castelo de prata, sumada á torre da homenaxe dun busto de mouro cunha pedra entre as mans, e resaltada a porta dun guerreiro armado, cunha lanza na man destra e embrazado o brazo sinistro dunha rodela, levantada como para protexerse da pedra que vai tirar o mouro.

Más >
Loading