Temas

Kuwait

Estado de Asia, ao N da Península Arábiga, limita ao O e ao N con Iraq, ao L co Golfo Pérsico, e ao S con Arabia Saudí (17.818 km2; 2.023.000 h [estim 2001]). A capital é Al Kuwait.
Xeografía
Kuwait comprende unha rexión continental e oito pequenas illas. É un país chairo e desértico que forma parte da chaira litoral do extremo NO do Golfo Pérsico; a máxima altitude está no SO do país, onde se acadan os 300 m sobre o nivel do mar. Ten un clima desértico, con chuvias moi escasas. Non hai ríos nin vexetación. As actividades agrícolas son casi inexistentes a causa do solo deficiente e a escaseza de auga potable (só se obtén auga potable depurando a auga do mar). Os principais cultivos son os melóns, os tomates e os dátiles. A pesca, sobre todo de gambas, é un recurso moi importante, pero o principal recurso do país é o petróleo. Como consecuencia dos ingresos que proporciona a exportación de hidrocarburos,...

Más >
Albania

Estado da Península Balcánica, na costa adriática oriental, limitado ao N por Iugoslavia, ao L por Macedonia e ao S por Grecia (28.748 km2; 3.293.000 h [estim 1997]). A capital é Tirana.
Xeografía física
Pechada por sistemas montañosos que ocupan as dúas terceiras partes do seu territorio, e por unha chaira litoral palustre, poden diferenciarse cinco rexións físicas. No N, os Alpes Albaneses, de estrutura calcaria, grandes macizos de cristas agudas e vales profundos cubertos de morrenas que lle confiren un aspecto alpino, elevándose sobre as chairas de Kosova e Metohija, en territorio da Federación Iugoslava. No L, na Albania interior montañosa, a superficie calcaria é menos continua, con cumes máis baixos e redondeados. Os ríos (Drin, Mat, Shkumbin) formaron vales separados por cristas que non superan os 2.500 m (Guri i Zi, 2.073 m, Valamare, 2.373 m). Esta área está drenada polo Drin, o Mat e o Shkumbin e a poboación concéntrase nas...

Más >
Guinea

Estado de África occidental, limitado por Guiné-Bissau ao NO, por Senegal e Mali ao N, por Costa de Marfil ao L, por Liberia e Serra Leona ao S, e polo Océano Atlántico ao O (245.857 km2; 7.497.000 h [estim 2001]). A capital é ↪ Conakry.
Xeografía
A chaira litoral é baixa e areosa, coas costas recurtadas polos esteiros dos ríos que proceden do Fouta Djalon. O clima caracterízase pola existencia dunha estación seca e unha húmida, cunha temperatura media elevada (26° C). A costa está cuberta de mangleiros. Cara ao interior elévanse gradualmente unha serie de socalcos que culminan no Fouta Djalon, con temperaturas máis baixas (22,5° C) e unha vexetación é de bosque denso e seco e con sabanas nas vertentes. As rexións do L forman un altiplano que constitúe a conca superior do Níxer. As chuvias son abundantes, as temperaturas de 26° C e están cubertas de sabanas. Ao SL o relevo elévase e culmina no macizo de Nimba (1.760 m). Chove de 10...

Más >
Congo, República Democrática do

Estado de África ecuatorial, que limita ao N coa República Centroafricana, ao NL con Sudán, ao L con Uganda, Ruanda, Burundi e Tanzania, ao S con Zambia e Angola, ao SO con Cabinda e ao O cunha estreita franxa do Océano Atlántico e a República do Congo (2.344.858 km2; 43.139.000 h [estim 1999]). Esténdese entre os 5°N-13°S de latitude e os 12°-31° de lonxitude L. A capital é Kinshasa.
Xeografía física

Relevo e xeoloxía
O territorio ocupa a maior parte da depresión tectónica da Cubeta do Congo. O centro está constituído por unha chaira de máis de 700.000 km2, cuberta de capas sedimentarias antigas e recentes; estas últimas localízanse sobre todo ao longo dos ríos. A altitude media da chaira é de 600 m, e o punto máis baixo é o lago Tumba (350 m). Circundan a depresión unha serie de altiplanos e dorsais periféricas formadas por rochas cristalinas e xistosas do antigo zócolo, cubertas de arxilas nas zonas dos altiplanos,...

Más >
Loading