Temas

Salvador, El

Estado de América Central que limita ao N e ao L con Honduras, ao N e ao O con Guatemala, e ao S co Océano Pacífico (21.041 km2; 6.400.000 h [estim 2001]). A súa capital é San Salvador.
Xeografía
O relevo presenta diferentes sectores. Os Andes centroamericanos (tierra templada) constitúen a cordilleira máis setentrional e están formados por materiais mesozoicos. A cordilleira da costa está constituída por volcáns recentes, a maioría deles aínda activos como o Santa Ana (2.381 m). A chaira central (tierra caliente) está cuberta por sedimentos recentes e é a área máis poboada. A chaira da costa está formada por materiais aluviais e regada por numerosos torrentes. O clima é cálido e con moitas chuvias. Na tierra templada as temperaturas medias sitúanse entre os 17°C e os 21°C e as precipitacións entre os 1.800 e 2.400 mm; na tierra caliente as temperaturas medias sitúanse entre os...

Máis >
Congo, República Democrática do

Estado de África ecuatorial, que limita ao N coa República Centroafricana, ao NL con Sudán, ao L con Uganda, Ruanda, Burundi e Tanzania, ao S con Zambia e Angola, ao SO con Cabinda e ao O cunha estreita franxa do Océano Atlántico e a República do Congo (2.344.858 km2; 43.139.000 h [estim 1999]). Esténdese entre os 5°N-13°S de latitude e os 12°-31° de lonxitude L. A capital é Kinshasa.
Xeografía física

Relevo e xeoloxía
O territorio ocupa a maior parte da depresión tectónica da Cubeta do Congo. O centro está constituído por unha chaira de máis de 700.000 km2, cuberta de capas sedimentarias antigas e recentes; estas últimas localízanse sobre todo ao longo dos ríos. A altitude media da chaira é de 600 m, e o punto máis baixo é o lago Tumba (350 m). Circundan a depresión unha serie de altiplanos e dorsais periféricas formadas por rochas cristalinas e xistosas do antigo zócolo, cubertas de arxilas nas zonas dos altiplanos,...

Máis >
Loading