Temas

Granada

Estado de América Central, situado no mar das Antillas, formado pola illa homónima e por un grupo das illas Granadinas (344 km2; 94.000 h [estim 2001]). Situado ao SL do Caribe, é a máis meridional das illas Windward ou de Barlovento. Esténdese entre os 12° de latitude N e os 62° de lonxitude O. A capital é Saint George’s.
Xeografía física

Relevo e climatoloxía
De orixe volcánica, o seu relevo é bastante montañoso, co punto máis elevado no monte Sainte Catherine situado a 840 m de altitude. Os vales situados entre as montañas son bastante fértiles e están drenados por numerosos ríos. A illa conta tamén con importantes mananciais termais, algúns lagos de montaña e amplas praias. O clima é tropical, cunha temperatura media anual de 27,8°C. As precipitacións anuais na costa son de 1.524 mm e a estación das chuvias prolóngase entre xuño e decembro.
Xeografía económica

Economía
A agricultura...

Máis >
Antiga e Barbuda

Estado das Pequenas Antillas (442 km2; 62.922 h [censo 1991], 64.500 h [estim 1997]) que comprende as illas Antiga (280 km2), Barbuda (160,5 km2) e Redonda (1,5 km2). A capital é Saint John´s, situada na illa da Antiga.
Xeografía física
A illa Antiga é un cordal de orixe volcánico que configura unha superficie montañosa que ten a máxima altitude no monte Boggy, que acada os 402 m. O litoral das illas é de orixe coralina, feito que determina a existencia de costas recurtadas rodeadas de barreiras coralinas no L. A maioría das rochas son de orixe volcánica, aínda que están recubertas por unha abundante terra fértil, pero tamén hai presenza de importantes chairas calcarias. A illa Barbuda é de orixe coralina cunha gran lagoa no O (Lagoa de Codrington); a máxima altura, no monte Higlands, acada os 62 m. O clima é tropical (25°C de temperatura media anual) e relativamente seco (1.100 mm de precipitación anual). A illa Redonda...

Máis >
Loading