Temas

Escándalo, El

Publicación aparecida na cidade de Ferrol en 1903.

Máis >
Cu-cut!

Semanario satírico en lingua catalá editado en Barcelona dende o 2 de xaneiro de 1902 ata o 25 de abril de 1912, próximo á Lliga Regionalista de Catalunya. Dirixida por Manuel Folch i Torres, contou coa colaboración dos debuxantes Cayetano Cornet, Junceda, Opisso, Bagaría e Feliu Elías. Trátase dunha publicación contraria ao centralismo do goberno do Estado e ao ideario de Lerroux. A aparición dunha caricatura crítica co exército provocou a súa suspensión entre novembro de 1905 e abril de 1906.

Máis >
Escenario

Publicación aparecida en Ourense a partir de 1934. Editábase cada dez días. Na súa redacción figuraba Anxo Reguera Novo. Trátase dun boletín que facilitaba a contratación directa de artistas e empresas de espectáculos.

Máis >
Boletín de Asociación de Funcionarios de Pontevedra

Publicación que apareceu no ano 1932 na cidade de Pontevedra.

Máis >
Eco Popular, El

Publicación que apareceu en Noia a partir do 8 de novembro de 1896. Editouse os días 8 e 28 de cada mes ata o ano 1899. Subtitulado “Defensor de intereses generales y locales”, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de López Alende en Santiago de Compostela.

Máis >
Loita

Publicación de periodicidade mensual editada en La Habana entre decembro de 1939 e agosto de 1940. Editada baixo o subtítulo “Órgano de Hermandad Gallega”, tivo como director a Xerardo Álvarez Gallego. De carácter galeguista, defendeu a democratización da Hermandad Gallega en Cuba. Incluíu contos, poemas e ilustracións de A. Castelao e M. Maside.

Máis >
Loading