Temas

Fungueiro, O

Publicación editada en Montevideo entre o 5 de xullo de 1805 e setembro de 1819. Subtitulouse “Periódico quincenal de actualidad gallega”. Trátase dunha publicación satírica que incluíu numerosos debuxos.

Máis >
Gallego, El

Publicación editada en Bos Aires a partir do 27 de abril de 1879. Cesou na súa primeira etapa o 14 de novembro de 1880 (nº 73). Subtitulado “Periódico semanal. Órgano de los intereses de su nombre”, o seu director foi César A. Cisneros Luaces. A súa segunda época abarca entre o 7 de xaneiro e o 27 de xuño de 1883. Posteriormente, entre o 2 de maio de 1888 e o 9 de maio de 1889 viviu unha terceira etapa. A cuarta e última desenvolveuse en Montevideo entre o 3 de marzo e o 2 de novembro de 1895. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de E. de Mársico. Serviu como voceiro do Centro Galego e incluíu información sobre actualidade, historia e costumes de Galicia, xunto con algúns textos literarios.

Máis >
Chan, O

Publicación bilingüe subtitulada “Revista galega de información general”, que apareceu en Caracas en novembro de 1984. Na dirección contou con Manuel Ponte e no grupo de colaboradores destacaron, entre outros, Ramón Coutiña, Manuel Álvarez Quiroga e Noemí Candón. É unha revista de carácter informativo orientada á comunidade galega emigrante na que se incluían, sobre todo, temas culturais.

Máis >
Folhas de Cibrám

Publicación aparecida en Santiago de Compostela a partir de xullo de 1988 (nº0). Subtitulouse “Revista universitaria de investigação científica”. Dirixida por José António Fernandes Malde, tentou converterse nun medio para a edición de traballos en lingua galega (reintegracionista) relacionados con Galicia. A partir do seu número 1º pasou a titularse Folhas de Cibrão e redactouse en portugués.

Máis >
Estadio

Publicación deportiva aparecida en Ferrol en 1947. Cesou a súa edición ao ano seguinte. Editada por Petybal, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Manufacturas de Papel e nos talleres Cervantes. Incluíu resultados e clasificacións dos equipos galegos e, fundamentalmente, información sobre o Rácing de Ferrol.

Máis >
Loita

Publicación de periodicidade mensual editada en La Habana entre decembro de 1939 e agosto de 1940. Editada baixo o subtítulo “Órgano de Hermandad Gallega”, tivo como director a Xerardo Álvarez Gallego. De carácter galeguista, defendeu a democratización da Hermandad Gallega en Cuba. Incluíu contos, poemas e ilustracións de A. Castelao e M. Maside.

Máis >
Instrución, La

Publicación quincenal editada en Ourense a partir do 1 de xuño de 1880, que   cesou a súa edición aos poucos números. Subtitulouse “Revista dedicada a la defensa de la Enseñanza y del Magisterio”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Propaganda Gallega. Dirixida por Aureliano Ares de Parga, foi unha publicación, de carácter educativo, pioneira en Galicia.

Máis >
Acta Sanctorum

Publicación iniciada no 1643 por Jean Bolland dedicada á edición crítica das vidas dos santos da Antigüidade e Idade Media.

Máis >
Galicia Médica

Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de 1913. Cesou a súa edición en 1918. Subtitulouse “Revista de Medicina Clínica y Experimental”. Dirixírona R. Novoa Santos, A. Novo Campelo, S. Martínez Gómez, N. Carrero Goyanes e L. Blanco Rivero. Dedicada aos especialistas do sector, tiña unha tiraxe de 500 exemplares.

Máis >
Loading