Temas
Familia de impresores establecida en Santiago de Compostela ao redor de 1672. O seu fundador, Antonio Fraiz Piñeiro , puido ter unha orixe lisboeta, ligada ao impresor Antonio Piñeiro, ou ben puido ser oriúndo da Ulla. Tirou do prelo unha Respuesta teológica (1673) e as Ordenanzas de la Real Audiencia de Galicia (1679), entre outros títulos. O seu fillo, Benito A. Fraiz , estivo á fronte da imprenta entre 1700 e 1706. Exerceu ademais como capelán maior do Hospital Real e tivo amizade con profesores da Universidade de Santiago. Tivo como colaborador no obradoiro tipográfico a Jacinto del Canto. O seu irmán, Andrés Fraiz , tivo tres fillos que herdaron o negocio familiar. O primeiro deles, Andrés Fraiz , realizou diversos traballos editoriais entre 1719 e 1760 (Anales del Reino de Galicia. Tomo I, 1733), e mesmo algúns relacionados coa Inquisición. Entre 1760 e 1765, o seu outro fillo ...
Familia de esmaltadores de Limoges dos ss XV e XVI. Léonard Penicaud, fundador da dinastía, evolucionou desde o gótico cara ao gusto italiano (La Nativité). Jean Penicaud o Vello, imitou gravados flamengos e alemáns. Jean Penicoud o Novo, traballou o estilo renacentista (Couronnement de la Vierge) e o seu fillo Jean Penicau d (III) estudou en Italia, onde recibiu influencias de Il Parmigianino. Pierre Penicaud foi pintor sobre vidro e esmaltador.
Familia de pioneiros da industria cinematográfica e fundadores da empresa Pathé Frères (1896), que máis tarde deu lugar á produtora Pathé. Émile Pathé (París 1860-1937), encargouse dos fonógrafos e do traballo comercial da empresa. Charles Pathé (Chevry-Cossigny 1863-Montecarlo 26.12.1957), foi o responsable de todo o traballo cinematográfico e artístico. Colaboraron tamén na empresa os outros dous irmáns, Jacques e Theophile . En 1907 crearon o primeiro xornal semanal filmado de actualidade, en 1918 iniciaron a produción de gramófonos, e en 1927 asociáronse con Kodak para a produción de material cinematográfico.
Familia de gravadores franceses. Nicolas Cochin (Troyes 1610 - París 1686) participou con Jacques Callot en A gran Paixón. Noël Cochin (Troyes 1622 - Venecia 1695) continuou a obra do seu irmán. Charles Nicolas Cochin o Vello (París 1688 - 1754) realizou gravados de Watteau e Chardin, entre outros. Charles Nicolas Cochin o Novo (París 1715 - 1790) foi protexido de Luís XV e mestre de Madame Pompadour. Os seus gravados representaron o mundo cortesán. Realizou o gravado da portada da Encyclopédie e escribiu Observacións sobre as escavacións de Herculano e a escultura dos antigos (1754).
Familia de mestres canteiros renacentistas, activos durante os ss XVI e XVII. Pedro de Tolosa (activo entre 1549-1583) difundiu o clasicismo herreriano en obras como o Convento Jerónimo de Guisando (Madrid, 1562), no Real Monasterio de El Escorial, na Colegiata de San Luis (Villagarcía de Campos) e nos conventos de Uclés e Moya, en Cuenca. Seu irmán, Juan de Tolosa (1548-1600), interveu con el na Colegiata de San Luis e con Andrés Ruíz no colexio de Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos. Estilisticamente continuou coa austeridade propia da escola herreriana, como demostrou na fachada do mosteiro de Santa María de Montederramo (1598-1607). Alonso de Tolosa (Madrid 1549-1588), fillo de Pedro, foi aparellador (1582) da cuarta Colegiata de Valladolid, traballou como mestre de cantaría no Alcázar de Segovia e foi vedor das obras do bispado en Palencia. Tamén rematou a igrexa de Santiago de Medina de Rioseco, para a que se lle encargara...
Familia de pintores e decoradores alemáns, notables representantes do Barroco bávaro do século XVIII. O pai Hans George (Rott 1649 - 1711) foi pintor de frescos en Benediktbeuern e Fürstenfeld. Os seus fillos Cosmas Damian Asam , pintor, (Benediktbeuern 1689 - Weltenburg 1739) e Egid Quirin Asam (Tegernsee 1692 - Mannheim 1750), escultor e estucador, foron tamén arquitectos. Ambos os dous traballaban case sempre en conxunto. Viaxaron a Roma (1712-1713) onde estudiaron as obras de Bernini, Pietro de Cortona e Andrea Pozzo, entre outros. Ao seu regreso introduciron o gusto italiano no Barroco bávaro. Das súas obras destacan o altar maior de Rohr, a restauración do interior da Catedral de Freising, a Igrexa de Weltenburg, mostra do ilusionismo barroco, a decoración da abadía de Einsiedeln (Suíza) e a Igrexa de Johann-Nepomuk (1733-1735), en Múnic, máximo expoñente do seu estilo. Cosme Damian pintou os frescos da igrexa abacial de Osterhofen...
Familia de arquitectos alemáns que traballaron na Baixa Baviera e en Bohemia. Georg Dientzenhofer (Aibling 11.8.1643 - Waldsassen 2.2.1689) construíu, entre outras, a igrexa da abadía cisterciense de Waldsassen e a igrexa de Kappel. O seu irmán Johann Leonhard Dientzenhofer (Sankt Margarethen 20.2.1660 - Bamberg 26.11.1707) proxectou en Bamberg a igrexa e o convento de San Miguel e o palacio Neue Residenz. Johann Dientzenhofer (Sankt Margarethen 25.5.1663 - Bamberg 20.7.1726), irmán dos anteriores, construíu a catedral de Fulda e a igrexa conventual de Banz e o castelo de Pommersfelden en colaboración con Hildebrandt. O seu irmán, Christoph Dientzenhofer (Sankt Margarethen 7.7.1655 - Praga 20.6.1722) realizou a igrexa do convento de Oborisce e das clarisas de Cheb, e comezou a igrexa de San Nicolao de Praga, que acabou o seu fillo, Kilian-Ignaz Dientzenhofer...
Familia de orixe albanesa. Cinco dos seus membros foron visires do Imperio Otomano (1656-1710). Mehmet Köprülü (Rudnik 1583-? 1661) foi nomeado visir (1656) por Mehmet IV. Restableceu a orde na armada e recuperou Lemnos e Ténedos (1657) para os venecianos. Ahmet Köprülü (Vezir-Köprü 1635-preto de Adrianópole 1676), fillo de Mehmet, sucedeuno no cargo. Coa expedición (1666-1669) a Hēráklian, estableceu o dominio turco en Creta. Mu Palatino; ṣṭ afà Köprülü (Vezir-Köprü 1637-preto de Belgrado 1691), segundo fillo de Mehmet, participou na deposición de Mehmet IV e foi nomeado visir (1689) polo novo sultán, Solimán II. Reorganizou a administración e a armada. Loitou contra Austria, reconquistou Belgrado (1690) e invadiu Hungría (1691), onde foi derrotado e morto. Husain Köprülü ocupou o cargo entre 1697-1702, e Numan Köprülü en 1710, que foi obrigado...
Familia de canteiros alemáns orixinarios de Einsingen. Ulrich von Ensinger (?-Estrasburgo 1419) mestre de obras da catedral de Ulm dende 1392, rematou o coro, comezou a nave e proxectou a torre. Entre 1394 e 1395 traballou na catedral de Milán, pero retornou a Ulm polas desavinzas que mantivo co duque de Milán. Na catedral de Estrasburgo realizou a torre norte. O seu fillo Matthäus von Ensinger (?-1463). Traballou en Estrasburgo e dende 1420 foi mestre de obras en Berna, onde traballou na catedral nova, e da catedral de Ulm dende 1446. Os seus fillos Vincenz von Ensinger (1422?-1493?) e Moritz von Ensinger (1430?-1482?) traballaron na construción de diversas igrexas en Suíza e Alemaña.
