González Rioboo
González Rioboo
Familia de escultores orixinaria de Lugo, activa no s XVIII. Iniciouse coa obra de Bieito González Rioboo, quen traballou co seu fillo Bieito Antonio González Rioboo na catedral de Lugo. Xunto con Agostiño Vaamonde realizou o retablo maior do convento de San Francisco de Monforte de Lemos. Bieito Antonio traballou co seu irmán Bernardo González Rioboo na capela maior de Fingoi en Lugo. O seu irmán Xosé González Rioboo foi pintor e traballou na catedral de Lugo.