Temas

Balears, Illes

Comunidade autónoma do estado español que comprende o arquipélago balear, situado no Mediterráneo occidental (5.014 km2; 760.379 h [1996]). Correspóndese coa provincia homónima e está constituída polas illas de Mallorca (609.150 h), Menorca (67.009 h), Eivissa (78.867 h), Formentera (5.353 h), Cabrera (base militar e parque natural) e outras illas menores (Illa dels Conills, sa Dragonera, s’Espalmador, s’Espardell, Illa de l’Aire, Tagomago, Illa d’en Colom, etc).
Xeografía física
O arquipélago balear aséntase sobre un zócolo submariño separado das costas peninsulares por un canal de máis de 1.000 m de profundidade. As illas teñen a súa orixe no xeosinclinal profundo onde se depositaron os materiais do Secundario e do Terciario. As Balears emerxeron no dobramento alpino estiriano. A emersión de Menorca foi, sen embargo, anterior á das outras illas, polo cal é a única na que afloran sedimentos paleozoicos (era Primaria). A historia xeolóxica das outras...

Máis >
Loading