Temas

Catalunya

Comunidade autónoma de España, no extremo NL da Península Ibérica (32.113 km2; 6.090.040 h [1996]). Situada á beira do Mar Mediterráneo, que a baña polo L, esténdese entre a cordilleira dos Pireneos, ao N, e o Sistema Ibérico, ao S. Limita ao O con Aragón, ao S coa Comunitat Valenciana e ao N con Andorra e Francia. Integrada polas provincias de Barcelona, Girona, Lleida e Tarragona, a súa capital é Barcelona.
Xeografía física

Relevo e xeoloxía
Distínguense tres grandes unidades morfoestruturais: dúas montañosas, os Pireneos e as Cadeas Costeiras Catalanas, que enmarcan unha chaira interior, a Depresión Central Catalana. Os Pireneos, ao N, son unha cordilleira alpina orientada de O a L, moi afectada pola erosión glacial. Acada a súa máxima altitude e largura, e cara ao L descende e se estreita ata chegar ao mar. Un conxunto de serras subsidiarias, o Prepireneo, érguense paralelas ao eixo da cordilleira descendendo cara ao S. As...

Más >
Balears, Illes

Comunidade autónoma do estado español que comprende o arquipélago balear, situado no Mediterráneo occidental (5.014 km2; 760.379 h [1996]). Correspóndese coa provincia homónima e está constituída polas illas de Mallorca (609.150 h), Menorca (67.009 h), Eivissa (78.867 h), Formentera (5.353 h), Cabrera (base militar e parque natural) e outras illas menores (Illa dels Conills, sa Dragonera, s’Espalmador, s’Espardell, Illa de l’Aire, Tagomago, Illa d’en Colom, etc).
Xeografía física
O arquipélago balear aséntase sobre un zócolo submariño separado das costas peninsulares por un canal de máis de 1.000 m de profundidade. As illas teñen a súa orixe no xeosinclinal profundo onde se depositaron os materiais do Secundario e do Terciario. As Balears emerxeron no dobramento alpino estiriano. A emersión de Menorca foi, sen embargo, anterior á das outras illas, polo cal é a única na que afloran sedimentos paleozoicos (era Primaria). A historia xeolóxica das outras...

Más >
Loading