Temas

Ullán, O

Comarca natural e histórica da Comunidade Autónoma de Galicia, que inclúe as parroquias da veiga dos ríos Ulla e Sar, nos concellos de Padrón, Pontecesures, Dodro e Valga. Aloxada na Depresión Meridiana e drenada por estes dous ríos, a unidade natural propiciou unha integración comarcal a escala social e económica, reforzada polo trazado das grandes vías de comunicación que conectan as aglomeracións urbanas do litoral setentrional e meridional de Galicia. A comarcalización establecida pola administración autonómica na década de 1990 cinguiuse á delimitación provincial preexistente, diluíndo a súa personalidade nas comarcas do Sar, ao N, e Caldas, ao S.

Más >
Val Miñor

Comarca natural das Rías Baixas situada ao S da provincia de Pontevedra e ao SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Vigo, ao L e S coa comarca do Baixo Miño e ao O co Océano Atlántico. Articúlase arredor do val do río Miñor e do seu esteiro, e abrangue os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, integrados na comarca metropolitana de Vigo e da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor.

Más >
Condado, O

Comarca constituída segundo a Lei de Desenvolvemento Comarcal de Galicia (1996) e situada no SO da Comunidade Autónoma. Limita ao N coa comarca metropolitana de Vigo (concellos de Fornelos de Montes e Pazos de Borbén), ao S co río Miño, que atravesa o territorio de L a O, separando a comarca de Portugal, ao L coa comarca da Paradanta (Covelo, A Cañiza e Arbo) e ao O coas de Vigo (Mos, O Porriño e Salceda de Caselas) e O Baixo Miño (Tui). Abrangue unha superficie de 340,99 km2nos que acolle unha poboación de 38.154 h (1996), distribuídos entre os concellos de Mondariz (85,13 km2; 6.347 h), Mondariz-Balneario (2,31 km2; 636 h), As Neves (65,50 km2; 5.033 h), Ponteareas (125,56 km2; 17.360 h) e Salvaterra de Miño (62,49 km2; 8.778 h). A cabeceira comarcal é Ponteareas, situada a 42° 9’ 55’’ de latitude N e 8° 30’ 30’’ de lonxitude O. A comarca adecúase perfectamente a unha clara unidade natural (o val do río Tea) e histórica,...

Más >
Loading