Temas

Armilla

Concello da provincia de Granada, Andalucía, na Vega de Granada (10.921 h [1991]).

Más >
Ampolla, l’

Concello da provincia de Tarragona (1.667 h[1996]). O territorio esténdese pola parte deltaica do Ebro. Cultivos de arroz, oliveira, alfarrobeira e amendoeira, en sequeiro. Economía de servicios e pesca. Ten infraestrutura turística. Atópase na entrada do porto natural da Ampolla, o porto do Fangar.

Más >
Albaida

Concello da provincia e Comunitat Valenciana (5.793 h [1996]). Ten agricultura de horta, viña e oliveiras. In-dustria téxtil. De orixe musulmana, foi poboada con cristiáns por Xaime I (1258). Posúe unha igrexa (1592-1621) e convento capuchino (fundado en 1598) góticos.

Más >
Loading