Temas
Diario de tendencia católico-tradicionalista editado na Coruña a partir de febreiro de 1813. Participaron na súa fundación, dirección e redacción frei Nicolao de Castro e frei Manuel Martínez. Levou como subtítulo “Diario Polémico-Religioso de La Coruña”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Francisco C. Pérez Prieto, logo nos de Antonio Rodríguez e, finalmente, nas oficinas do Exacto Correo de España en La Coruña.
Publicación mensual de tendencia rexionalista editada en Vilalba o 15 de decembro de 1918 e subtitulada “Revista informativa literaria”. Colaboraron nela: Ramón Cabanillas, Leandro Carré, Lesta Meis, A. Peña Novo, A. Rey Soto e Noriega Varela, entre outros. Tamén incluía poemas de Francisco Salgado, Urbano R. Moledo e Daniel Pernas.
Semanario editado na Coruña, probablemente entre os anos 1907 e 1916, que cesou con poucos números publicados.
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 9 de xullo de 1882. Cesou a súa edición ao redor de 1892. Subtitulouse “Revista semanal de Archivos y Bibliotecas, Historia, Arqueología, Heráldica, Literatura, Ciencias y Artes”. Dirixiuna Bernardo Barreiro de Vázquez Varela. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Manuel Mirás Álvarez. Ademais dos contidos que se mencionan no seu subtítulo, engadiu unha sección literaria na que se reproduciron cantigas, poemas e biografías.
Publicación que saíu por primeira vez en Ferrol en 1889 subtitulada “Diario Republicano”. No ano 1899 comezou unha segunda andaina co mesmo subtítulo, que se prolongou ata 1901. O sumario incluía noticias de carácter xeral ao longo das seccións “Artículo de Fondo”, “Guía del Viajero”, “Notas Reporteriles”, “Servicio Telegráfico”, “Noticias Varias”, “Información de las Bolsas de Madrid y París”, “Anuncios” e “Esquelas”. Entre os seus colaboradores figuraba Santiago de la Iglesia.
Publicación conservadora de periodicidade decenal que se editou en Verín a partir do 8 de xullo de 1920 e cesou en 1936. Subtitulouse “Órgano del partido liberal-conservador y defensor de los intereses generales del distrito”. Fundado e dirixido por Antonio Oterino Cid, contou coa colaboración de Eloi Luís André, Carlos Nieves, Miguel Hervella e Ruiz de Tudanca. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Eladio Fuentes e Ramón Fuentes Pazos. Trátase dunha publicación que ofrecía información local, poesía, relatos literarios e artigos nos que criticaba o seu opoñente El Támega.
Publicación anarquista de carácter internacionalista que apareceu en 1880 na Coruña.
