Cultura Hispánica
Cultura Hispánica
Publicación en castelán que se editou a partir do 1 de xuño de 1940 en La Habana como continuación de Cultura Gallega. Subtitulouse “Revista literaria mensual: Órgano de la Agrupación Artística Gallega”. Dirixida por Adolfo V. Calveiro, contaba cunha redacción coordinada por Raimundo Vázquez Rábade na que colaboraban Ramón Fernández Mato, Francisco González, J. Fernández Castro, Aureliano Barredo, Rafael López e Ramón Lemos, entre outros. En canto á súa liña editorial, perdeu a súa identidade co galeguismo e pasou a difundir unha ideoloxía de carácter conservador, achegada ao réxime franquista. Incluía numerosas fotografías da Agrupación, de actos institucionais e de motivos galegos.