Temas
Publicación que se editou na Coruña a comezos do século XX. En 1902 recibiu un premio nun concurso de xornais agrícolas que convocou a Asociación de Agricultores de España e a Cámara Agrícola de Madrid.
Publicación mensual aparecida na Coruña en 1949 dedicada á medicina.
Publicación gratuíta en galego de carácter mensual, aparecida en febreiro de 1992 en Vigo por iniciativa da Concellería de Xuventude dirixida por Soledad Fernández. O boletín ofrece un abano moi amplo de información dirixida especialmente aos rapaces. Nel inclúense as seccións: “Presentación”, “Casa da Xuventude”, onde se expoñen todos os servicios dos que dispón a Casa da Xuventude de Vigo, “Cursos e Xornadas”, “Oposicións, traballo e outras ofertas”, “Becas e Bolsas”, “Premios e Concursos”, “Actividades e oferta cultural. Enderezos útiles” e “Avisos”.
Publicación editada en Bos Aires a partir do 1 de maio de 1969. Non cesou antes de 1972. Tratouse dunha publicación de carácter cultural, que pretendeu achegarlle ao lector o mundo da lingua e da cultura galegas. Cunha periodicidade mensual, incluíu traballos sobre literatura, relatos, poesías e notas sobre escritores galegos.
Publicación de periodicidade semanal editada en Arbo.
Publicación que se editou na Coruña en 1860. De periodicidade irregular, imprimíase en folio español.
Publicación cultural trimestral e bilingüe de Verín editada en 1985. Formaban o consello de redacción: Baldomero Vázquez, Pilar González, Benito Salgado, Fernando Barreira, Alfonso Sola e Xaime Noguerol, entre outros. Ilustrada por Laura Vilas, incluía reproducións de óleos de Manuel Fornos. No número de abril de 1986 conta coas colaboracións de X. Lourenzo, A. Tovar, Camilo Franco, M. A. Fernández, Pura e Dora Vázquez, Pilar González Gallego e María Xosé García Dobarro. Trata temas artísticos, cine galego, historia do concello, música e antoloxías de poemas de Lorca, Aleixandre, Leopoldo de Luís e Miguel Hernández, nas seccións “Ánfora das letras” e “Verín na voz dos poetas”.
Publicación aparecida no ano 1984 que, como indicaba o seu subtítulo, se trataba dunha “Revista cultural dos concellos de Amoeiro, A Peroxa, Cea, Coles, Piñor e Vilamarín”. Os dous primeiros números saíron no mesmo ano, os seguintes en 1985 e o último tres anos máis tarde. Editada en galego, a súa difusión acadou os dous mil exemplares. Definida como aberta e independente, era unha revista localista, reivindicativa, popular e nacionalista. A temática xiraba ao redor da economía, o campo, o folclore, a cultura popular e a artesanía, ademais do humor. Estaba dirixida por un consello de redacción integrado por oito persoas. Na sección titulada “Os nosos poetas” apareceron versos de Ramón Caride Ogando, Víctor F. Viñal, Xavier González Sotelo, todos da bisbarra, e prosas de J. Caride e J.R. Rodrigues Fernandes. Dedicaron tamén unhas páxinas a Celso Emilio Ferreiro, Manuel María e Ánxel Sevillano, oriúndo de Cea.
Publicación aparecida, segundo algúns investigadores, na cidade de Tui entre os anos 1910 e 1919.
