Juventud
Juventud
Publicación editada en Xinzo de Limia a partir de 1919, que cesou a súa edición ao redor de xuño dese mesmo ano (nº 10). Subtitulouse “Periódico independiente defensor de los intereses locales”. De tendencia republicana, incluíu artigos de carácter anticaciquil, e contou coa colaboración de destacados intelectuais e políticos, como Roberto Blanco Torres ou Francisco Seijo. Foi substituído por El Agrario.