Temas

Fráiz

Familia de canteiros orixinarios da Terra de Montes. Xosé Fráiz Cachafeiro (Forcarei 1827-?) traballou en Pontevedra, Lugo, Ourense e León xunto cos seus fillos, entre os que destacou Domingos Antonio Fráiz García (Cerdedo 1852-Liñares 1936) que traballou nas deputacións de Ourense e Lugo na construción de estradas. O seu fillo Pedro Aparicio Fráiz Gil (Castrelo, Forcarei 1896-?) emigrou a Brasil, onde traballou na construción do ferrocarril e de estradas. Entre as súas obras destaca o pazo de Valongo en Cotobade. Colaborou na elaboración da Carta Arqueolóxica de Pontevedra.

Más >
Restout

Familia de pintores franceses activos nos ss XVII e XVIII. Marc Antoine Restout (Caen 1616-1684) estableceuse en Rouen, onde realizou cadros de altar como na igrexa de Hermanville. O seu neto Jean Restout (Rouen 1692-París 1768) formouse con Jean Baptiste Jouvenet e pintou Mort de sainte Scholastique. O seu fillo Jean Bernard Restout (París 1732-1797) cultivou o retrato e os temas de historia. Das súas obras destacan Portrait de Jean Restout e Adieux d’Hector à Andromaque.

Más >
Cotte, De

Familia de arquitectos franceses activos nos ss XVII e XVIII. Fremin de Cotte (s XVII), arquitecto real, escribiu Explication facile et briefve des cinque ordres d’arquitecture (Explicación doada e breve das cinco ordes arquitectónicas, 1644). Tamén foron arquitectos o seu fillo Charles de Cotte (?-1662) e os seus netos Louis de Cotte (?-1742), membro da Acadèmie des Beaux Arts, e Robert de Cotte (París 1656-Passy 15.7.1735), o máis destacado da familia. Foi arquitecto da corte (1689), director da manufactura real dos Gibelinos (1700) e sucedeu o seu mestre, Jules Hardouin-Mansart, no cargo de primeiro arquitecto do rei (1708). Con Mansart traballou na capela do palacio de Versalles (1708-1710) e na construción da Cúpula des Invalides. Sen afastarse do clasicismo francés, suavizou o rigorismo académico. Realizou a reconstrución do coro de Notre Dame de París (1708-1714) e construíu, entre outros, o Hôtel de...

Más >
González Velázquez

Familia de artistas casteláns. Pablo González Velázquez (Andújar 1664-Madrid 1727), escultor, traballou para as igrexas madrileñas e fixo o retablo da igrexa das Calatravas. Dos seus fillos, Luis González Velázquez (Madrid 1715-1765), pintor, traballou nas Salesas e nas Descalzas Reales de Madrid; Alejandro González Velázquez (Madrid 1719-1772), pintor, escultor e arquitecto, fixo o altar maior de San Francisco de Borja e traballou nos palacios reais de Aranjuez, Madrid e La Granja de San Ildefonso; e Antonio González Velázquez (Madrid 1729-1793), pintor, decorou a cúpula da capela Angélica do Pilar de Zaragoza (1753) e en 1757 foi nomeado pintor de cámara. Os fillos deste último tamén foron artistas. Zacarías González Velázquez (Madrid 1763-1834), pintor de cámara (1801), traballou na Real Fábrica de Tapices e na decoración do Palacio Real e na Casita del Labrador de Aranjuez; esta...

Más >
Kennedy

Familia de políticos demócratas estadounidenses. De orixe irlandesa e de relixión católica, establecéronse en Boston (Massachusetts) en 1850. Joseph Patrick Kennedy (1888-1969) fixo fortuna nas finanzas e iniciou a carreira política familiar como embaixador en Londres (1937-1944). Os seus fillos foron Joseph Kennedy (1915-1942), John Kennedy (John Fitzgerald Kennedy), Robert Kennedy (1925-1968), asasinado durante a campaña pola presidencia de EE UU, e o senador Edward Kennedy (1932).

Más >
Urquijo

Familia de financeiros de orixe vasca. Estanislao Urquijo y Landaluce (Murga, Araba 1817 - Madrid 1889), I marqués de Urquijo, dedicouse ao comercio e á bolsa en Madrid. O seu fillo Juan Manuel de Urquijo y Urrutia (Murga, Araba 1843 - Madrid 1914), II marqués de Urquijo, ampliou os investimentos na industria pesada e fundou o Banco Urquijo (1870).

Más >
Siemens

Familia de enxeñeiros e industriais alemáns. Werner von Siemens (Lenthe 13.12.1816-Berlín 6.12.1892) especializouse en galvanoplastia e construcións eléctricas. Xunto con J. G. Halske fundou a empresa Siemens Halske (1847), dedicada ás instalacións telegráficas. Enunciou o principio da dínamo (1866), construíu unha locomotora eléctrica que funcionou en Berlín (1879) e ideou tamén pilas, pirómetros e luces eléctricas. Os seus irmáns Wilhelm von Siemens (Lenthe 4.4.1823-Londres 19.11.1883) e Friedrich von Siemens (Menzendorf 8.12.1826-Dresden 24.4.1904), inventaron o forno de recuperación para a fusión do aceiro e do vidro. Con Werner colaborou tamén outro irmán, Carl von Siemens (Menzendorf 3.3.1829-Menton 21.3.1906). A obra dos Siemens foi continuada polos tres fillos de Werner.

Más >
Audran

Familia de gravadores, pintores e tapiceiros franceses dos ss XVII-XVIII. De entre os seus membros destacan: Claude II Audran (Lyon 1639 - París 1684), pintor e colaborador de Charles Lebrun na ornamentación do Louvre e de Versalles; Gerard II Audran (Lyon 1640 - París 1703), gravador de Luís XIV no taller dos Gobelinos, que realizou reproducións a buril con moita precisión e finura; Claude III Audran (Lyon 1658 - París 1734), pintor de arabescos que contribuíu en boa medida á creación do estilo ornamental do s XVIII e que traballou na decoración dos palacios reais; e Benoit II Audran (París 1698 - 1772), gravador, intérprete das obras de Watteau.

Más >
Sarrapio

Familia de canteiros do s XVIII orixinaria de Santiago de Loureiro (Cotobade). Destacaron especialmente os irmáns Lourenzo e Pedro Sarrapio , que realizaron diferentes obras de cantaría e arquitectura na catedral de Tui, das que destacan a reedificación dunha torre e o arranxo da capela de San Telmo. Tamén destacou Manuel Antonio Sarrapio , mestre de obras na igrexa de San Xoán de Amorín (1780).

Más >
Cione

Familia de artistas italianos de Florencia do s XIV. Coñecidos polo nome de Orcagna, destacan os irmáns Andrea, Nardo e Iacopo. Nardo di Cione (? - Florencia 1366), pintor, realizou os frescos coa escena do Xuízo final da capela Strozzi na igrexa de Santa Maria Novella de Florencia. Iacopo di Cione , tamén pintor, activo na segunda metade do s XIV e documentado ata 1398, foi autor dun tríptico con san Mateo (1367-1369) e dunha Coroación da Madre de Deus.

Más >
Loading