Corneille
Corneille
Familia de pintores e gravadores franceses do s XVII. Michel Corneille (Orléans 1601? - París 1664), chamado o Padre e Corneille de Orléans, foi discípulo de Vouet e un dos fundadores da Académie Royale de Peinture et Sculpture (1648), da que tamén foi rector. O seu fillo Michel Corneille (París 1642 - 1708), coñecido como Corneille dos Gobelinos, foi discípulo do seu pai e de Lebrun. Traballou na decoración dos palacios de Versailles e Trianon e foi membro e profesor da Académie. O seu irmán Jean Baptiste Corneille (París 1649 - 1695), coñecido como Corneille o Novo, cultivou a pintura decorativa e foi tamén membro e profesor da Académie.