Welser
Welser
Familia de patricios de Augsburgo que nas últimas décadas do s XV e na primeira metade do XVI foi o eixe de importantes empresas comerciais, mineiras e bancarias. En 1519, xunto cos Fugger, entregáronlle a Carlos I de España a suma precisa para mercar os votos que lle darían a coroa imperial. A cambio obtiverón dos Habsburgo numerosas concesións. A compañía quebrou en 1614.