Temas

Ticino

Cantón meridional de Suíza que penetra dentro do estado italiano (2.812 km2; 301.600 h [2000]). A súa capital é Bellinzona (16.759 h [1998]). Corresponde á alta conca do río homónimo aberta nos Alpes, e esténdese desde San Gottardo ata o lago de Lugano. A maior parte do territorio está cuberta de bosques e pastos. Ten tamén gandaría, industria de transformación e turismo, este último de gran importancia. A poboación é de fala italiana e de confesión maioritariamente católica. A cidade máis importante en canto á poboación é Lugano. Pola súa situación xeográfica, os vales de Ticino foron cobizados polos primeiros cantóns confederados. En 1439 foi invadida novamente por Uri e en 1503 Luís XII de Francia, señor de Milán, cedeu Bellinzona aos confederados. Despois da Batalla de Marignano (1515), os confederados abandonaron definitivamente as aspiracións expansionistas cara a Lombardia. En 1803 a Acta de Mediación napoleónica integrou Ticino como novo cantón soberano na Confederación...

Más >
Marie Byrd Land

Rexión da Antártida, situada ao O do mar de Ross e limitada pola serra de Executive Committee. Foi descuberta en 1929 por E. R. Byrd.

Más >
Valderas

Municipio situado na provincia de León, Castela e León, regado polo río Cea (2.050 h [2001]).

Más >
Vilaine

Río de Bretaña (225 km). Nace nos outeiros do baixo Maine (Francia), preto de Juvigné. Desemboca no Atlántico, ao SL da badía de Kiberen (Quiberon).

Más >
Wrangel Vrangel’

Illa do océano Ártico, situada fronte á costa nordés de Siberia, entre o mar de Siberia Oriental e o mar de Chukotka (7.300 km2). Leva o nome do seu descubridor, F. P. Wrangel (1823). Posesión da URSS desde 1924, está habitada por chukchis.

Más >
Avilés

Municipio da Comunidad Autónoma de Asturias, na costa cantábrica e na ribeira da ría de Avilés (85.696 h [1996]). Nó de comunicacións -ferrocarril de viaxeiros e mineiro- e centro comercial, pesqueiro e industrial, é a sede dunha importante industria siderúrxica, que ten a súa orixe no establecemento da Real Compañía Asturiana de Minas (1858). En 1940 instalouse Cristalería Española e en 1946 a siderúrxica ENSIDESA. Máis tarde diversificaríase a súa produción industrial nos sectores químico, alimentario, téxtil e de maquinaria.

Más >
Chonco

Punta do SO do Cabo Prior, no litoral da parroquia de Covas (concello de Ferrol).

Más >
Pedra Negra

Monte situado entre as parroquias de San Paio de Senra e Riobó (Rodeiro). O seu cumio acada os 737 m de altitude.

Más >
Loading