Temas
Susquehanna
Río de EE UU de 724 km de lonxitude. Está dividido en dous cursos, o do N nace no lago Otsego e atravesa o estado de Pennsylvania ata a cidade de Sunbury, onde se une coa corrente O, que nace nos montes Allegheny, e desemboca na baía de Chesapeake, no Atlántico.
Dvina Occidental
Río do NO de Rusia, próximo á chaira de Valdaj, de 1.200 km de lonxitude. Pasa por Vitebsk, Polock, Daugavpils e desemboca no Mar Báltico, no golfo de Riga.
Balsadas, As
Río afluente pola dereita do Landro. Nace nas estribacións meridionais dos montes de Cabaleiros, da confluencia dos regos de Cordeiras e da Fraga, no límite das parroquias de Vilacampa (concello do Valadouro) e Miñotos (Ourol). Drena esta última parroquia e desemboca no Landro logo dun percorrido duns 6 km de dirección L-O.
