Temas

Carrión

Río de Castela e León, na conca do Duero, afluente do Pisuerga pola dereita (178 km). Nace en Peña Prieta, na Cordilleira Cantábrica, e ten un réxime pluvionival cunha forte estiaxe.

Máis >
Lagoso

Río que nace no monte Rexo da Ucha, na parroquia de Cures (Boiro) e desemboca na ría de Arousa.

Máis >
Canadian River

Río da rexión das chairas interiores dos EE UU, afluente do río Arkansas (1.544 Km). Nace en Sangre de Cristo Range, nas Rochosas meridionais, estado de Novo México, e atravesa os estados de Texas e Oklahoma. É de réxime pluvial.

Máis >
Emba

Río de Kazakhstán que nace na serra de Mugodžary e desemboca no Mar Caspio, despois dun percorrido de 680 km. Próximos á súa desembocadura hai importantes xacementos de petróleo.

Máis >
Arlés, rego de

Río que nace na parroquia de Xuño, concello do Porto do Son, ao pé da Serra de Barbanza pola vertente occidental, a unha altitude de 200 m. Logo dun percorrido en sentido N-SSL, desemboca na lagoa de Carregal, na parroquia de Olveira do concello de Ribeira.

Máis >
Yellowstone

Río do NO de EE UU, afluente do Missouri, con 1.080 km de percorrido. Nace nas vertentes da cima Yount dos montes Absaroka, ao NO do estado de Wyoming, penetra no Yellowstone Nacional Park e baixa en fervenzas cara ao Parque de Gardiner (Montana). Desemboca no Missouri, preto de Buford, en Dakota do Norte. Os seus principais tributarios son o Bighorn, o Tongue e o Powder.

Máis >
Shatt al-’Arab

Río de 195 km formado pola confluencia, en Al-Qurna, do Tigris e do Éufrates e que, en parte, constitúe a fronteira entre Irán, ao L, e Iraq, ao O. Desemboca en delta no Golfo Pérsico.

Máis >
Skellefteälven

Río de Suecia situado ao N do país (410 km). Nace preto da fronteira con Noruega e vai desembocar ao Bottenviken, no golfo de Botnia.

Máis >
Lavandeira

Río que nace da confluencia dos arroios de Ponte Castro e O Fontal, na parroquia de Trasmonte (Friol), e desemboca pola dereita do río Parga.

Máis >
Vaga

Río de Rusia, afluente do Dvina Setentrional pola esquerda (575 km).

Máis >
Loading