Cabalar

Cabalar

Río afluente do Tambre pola dereita. Nace a 508 m de altitude na aba meridional do monte do Enxameado, na parroquia da Cidadela. O seu curso adopta nos primeiros metros unha dirección O-L, que muda axiña para virar cara ao S, servindo de límite coa parroquia e co concello de Curtis. A seguir penetra no concello de Vilasantar trazando o límite entre as súas parroquias de Curtis e Vilariño, primeiro, Présaras e Armental, despois, e Vilasantar e Mezonzo, onde finalmente desemboca.