Temas

Medan

Capital da provincia de Sumatra Setentrional, Indonesia (1.942.000 h [1996]). É o centro económico da rexión do río Deli, que a mediados do s XIX comezou a adquirir renome polas súas plantacións de tabaco.

Máis >
Pena do Lombo

Monte situado na parroquia de Grixalba (Sobrado). O seu cumio acada os 589 m de altitude.

Máis >
Eldorado

Rexión imaxinaria de Sudamérica á que os conquistadores españois, que a situaban entre as concas dos ríos Orinoco e Amazonas, atribuíron inmensas riquezas. O mito naceu no altiplano colombiano a partir dunha lenda de base real que falaba do costume do xefe chibcha de Guatavitá de cubrirse cada día cunha fina capa de ouro. Ata o s XVIII organizáronse numerosas expedicións na súa procura.

Máis >
Suouteiro

Monte situado na parroquia de Couso de Limia (Sandiás). O seu cumio acada os 816 m de altitude.

Máis >
Narla, castro de

Monte situado entre as parroquias de Lea e Narla (Friol). O seu cumio acada os 543 m de altitude.

Máis >
Grevenmacher

Cantón de Luxemburgo, ao SL do país, no Gutland (211 km2; 51.960 h [2001]). A capital é Grevenmacher (21.664 h [2001]). Atravesado na parte oriental polo Mosela, que fai de límite con Alemaña, no seu val cultívase a viña.

Máis >
Yining

Cidade do sheng de Xinjiang, China, situada nas ladeiras meridionais das Boro Horo Ula, á beira do río Künes, a 70 km da fronteira mongol (150.700 h [1991]).

Máis >
Amstelveen

Cidade da provincia de Holanda Setentrional, nos Países Baixos, próxima ao río Amstel (76.822 h [1997]). Constitúe a auténtica zona residencial de Amsterdam.

Máis >
Loading