Temas
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, (29.282 h [2001]), situado ao N da capital provincial. Destaca na agricultura, na gandaría e nas industrias derivadas e na construción.
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado no treito do litoral mediterráneo que recibe a denominación turística de Costa Brava (27.713 h [1996]). A súa economía, tradicionalmente baseada no sector primario, e máis en concreto na agricultura e na pesca, experimentou na segunda metade do s XX unha transformación cara a unha especialización turística, debido á explotación dos seus recursos naturais, principalmente as praias. Dende finais do s XIX adoptou un carácter de residencia estival para as familias burguesas de Barcelona e doutras cidades catalanas. O desenvolvemento deste sector turístico contribuíu a que a súa poboación medrase máis dun 560% dende 1920. O seu porto, que foi un activo centro de comercio con América, reconverteuse cara ás actividades deportivas náuticas. A igrexa de Santa María, mencionada xa no 974 como posesión monacal, pasou no 1058 ao bispado de Girona. No 1319 converteuse en parroquia. O castelo de Blanes pertencía aos vizcondes de Girona, subinfeudado...
Municipio da comarca do Bierzo, integrado na provincia de León, comunidade de Castela e León (459 h [1996]). A súa actividade económica céntrase na produción de cereais, legumes e castañas, ademais da cría de gando.
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (14.209 h [2001]). A base agraria é o regadío, coa laranxeira como principal cultivo. A industria tivo un forte desenvolvemento, destacando a preparación de materias primas para a industria da construción, cemento, cerámica e metalurxia.
