Temas

Bolo, Terra do

Comarca tradicional do extremo oriental da Comunidade Autónoma, que se estende ao S da de Valdeorras nun espazo repartido entre as comarcas administrativas de Valdeorras (concellos do Bolo e da Veiga) e Viana (concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso, A Gudiña e A Mezquita). Correspóndese co territorio que historicamente constituíu o condado do Bolo, con sede en Viana. País de elevada alitude media (entre 700 m e 1.000 m), topograficamente se corresponde co corredor que separa as serras do Eixe e Segundeira, ao L, e a serra de Queixa, ao O, erguido sobre unha litoloxía dominada polos xistos e a lousa na que asoman pequenos afloramentos de ollo de sapo e o enorme batolito granítico da Veiga. O relevo, superficie antiga intensamente erosionada, amosa perfís suaves, tónica xeral só interrompida polas incisións fluviais. Os ríos que drenan esta terra pertencen á conca do Bibei, tributario á súa vez do Sil, destacando entre eles o propio Bibei e o Xares. A súa situación montañosa e periférica...

Máis >
Camba, Terra de

Comarca natural do centro de Galicia, integrada na comarca administrativa do Deza, que se corresponde basicamente co concello de Rodeiro ou co arciprestado de Camba, demarcacións que coinciden practicamente na súa totalidade. Durante o Antigo Réxime foi unha xurisdición da provincia de Lugo baixo o señorío do arcebispo de Santiago que, co establecemento dos primeiros axuntamentos constitucionais, se dividiu nos concellos de Carboentes, Camba, Guillar e Rodeiro. Finalmente, fusionáronse e crearon o concello de Rodeiro a partir de 1836.

Máis >
Arzúa

Comarca do centro de Galicia, situada no interfluvio Ulla-Tambre. Limita ao O coa Terra de Santiago (concellos de Santiago de Compostela e Boqueixón), ao N, por medio do río Tambre, coas de Ordes (Oroso, Frades e Mesía) e Betanzos (Vilasantar), ao L coa Terra de Melide (Melide, Santiso e Sobrado dos Monxes) e ao S coa comarca do Deza (Vila de Cruces) separada polo río Ulla. Nunha superficie de 485 km2acolle unha poboación de 19.918 h (1996) distribuída entre os concellos de Arzúa (155,4 km2; 7.014 h), Boimorto (82,4 km2; 2.722 h), O Pino (131,4 km2; 5.056 h) e Touro (115,3 km2; 5.126 h), resultando unha densidade comarcal de 40,81 h/km2(Arzúa 45,1 h/km2; Boimorto 33,0 h/km2; O Pino 38,5 h/km2; Touro 44,5 h/km2). A capitalidade reside na vila de Arzúa, núcleo dos servicios comarcais, entre os que destacan a sede de partido xudicial adscrito á provincia da Coruña.
Xeografía...

Máis >
Loading