Temas
Comarca natural das Rías Baixas situada ao S da provincia de Pontevedra e ao SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Vigo, ao L e S coa comarca do Baixo Miño e ao O co Océano Atlántico. Articúlase arredor do val do río Miñor e do seu esteiro, e abrangue os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, integrados na comarca metropolitana de Vigo e da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor.
Comarca occidental da comunidade autónoma, asentada sobre o val do río homónimo. Esténdese aproximadamente desde os 42° 45’ aos 43° 05’ de latitude N e desde os 8° 50’ aos 9° 05’ de lonxitude O. Limita ao N coa comarca do Xallas (concello de Santa Comba) e coa de Santiago (concello do Val do Dubra), ao L coa do Xallas (Mazaricos) e coa de Noia (Outes), ao S coas de Noia (Noia) e Santiago (Brión) e ao O coa de Santiago (Brión e Ames). A súa poboación total é de 12.173 h (1998). Abrangue unha superficie de 213,11 km2, o que supón unha densidade de poboación de 59,65 h/km2(inferior á media galega de 93,5 hab/km2). Intégrana só dous concellos: A Baña (98 km2; 5.578 h) e Negreira (115,11 km2; 6.595 h). A vila de Negreira é a rectora da comarca, un dos tradicionais centros de mercado que organiza o sistema rural de Galicia.
Xeografía física
O río Tambre, no seu treito inferior, artella un territorio ondulado no que...
