Temas
Sindicalista. De profesión tapiceiro e de ideoloxía anarquista, foi compañeiro de Ricardo Mella na súa militancia internacionalista na década de 1880. Foi un dos fundadores da Sociedad de Carpinteros de Santiago de Compostela (1894) ata que, trala folga de 1898, estivo na cadea.
Químico estadounidense. Estudiou no Oberlin College de Ohio. En 1886, ao mesmo tempo que Paul Héroult, inventou o procedemento electrolítico para obter aluminio a partir de alumina disolta en criolita fundida que se denominou proceso de Hall-Héroult. Dous anos máis tarde foi aplicado pola Pittsburgh Redution Company, da que Hall foi o vicepresidente en 1890, iniciándose así a utilización xeneralizada deste metal en toda clase de aplicacións.
Trompetista, compositor e produtor estadounidense. Coñecido como Quincy Jones, estivo vinculado ao mundo do jazz e traballou con músicos como Jay Mc Shann, Lionel Hampton, Count Basie ou Dizzy Gillespie. Formou unha grande orquestra (1958-61) e, posteriormente, dedicouse a compoñer e a facer arranxos e gravacións musicais.
Catedrático de Historia Económica na Universidade da Coruña e investigador no Institute of Latin American Historical Research da Universidade de Londres. Ten investigado sobre a historia de Galicia, a industrialización e consumo do tabaco e a economía das Antillas e Filipinas baixo o Imperio Español. Entre as súas obras destacan Industrialización y conflitos sociales en la Galicia del Antigo Régimen, 1750-1830 (1976), Comercio colonial y crisis del Antigo Régimen en Galicia, 1778-1818 (1986), Os intercambios entre Galicia e América Latina. Economía e Historia (1993), La modernización de la industria del tabaco en España, 1800-1935 (1993) e As tecedeiras do fume. Historia da fábrica de tabacos da Coruña (1998). Colaborou en diversos medios como a revista do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses ou Grial.
Xornalista. Estudiou filosofía e letras na Universidad de Madrid e foi profesor da Institución Libre de Enseñanza de Madrid. Foi redactor de varios xornais republicanos, dirixiu La Justicia dende a súa fundación ata 1888 e publicou 23 artigos no BILE. Posteriormente recompiláronse algúns dos seus artigos que se publicaron cos títulos de A punta de pluma e De mis campañas y Nonadas. Tamén publicou, entre outras obras, Movimiento novísimo de la filosofía natural en España (1879) e Lecciones sumarias de psicología, en colaboración con Giner de los Ríos e Soler.
Eclesiástico e humanista. Foi cronista de Castela, preceptor do futuro Rei Enrique IV, conselleiro de Xoán II e bispo de Burgos (1435-1456). Entre as súas obras destacan: Defensorium unitatis christianae (Sobre os defensores da unidade cristiá), a favor dos conversos; Allegationes (Alegacións, 1400), Doctrinal de caballeros (1487), Rerum in Hispania gestarum chronicon (Crónica dos feitos heroicos de España) e Anacephaleosis (1545).
Avogado. Presidente da Federación de Asociaciones de Empresarios Gallegos en el Exterior (Fegaex) e da Asociación Cultural de la Vieira, membro da xunta directiva da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid (Jurisgama) e do padroado da Fundación Cánovas del Castillo. Fundou a Asociación de Empresarios Gallegos de Madrid (Aegama) e presidiu e fundou o grupo de empresas Cliner, ademais de ser asesor xurídico de empresas privadas. Colaborador en diversos medios, escribiu El secreto de Galicia, Asturias tópica e insólita e Ideas y reflexiones sobre el camino de Santiago.
Político. De mozo emigrou á Unión Surafricana e afiliouse ao partido nacionalista. Senador (1948), foi ministro para os Asuntos Indíxenas (1950-1958) e o máximo responsable da lexislación do apartheid. En 1958 foi nomeado primeiro ministro e promoveu o referendo (1960) que converteu a Unión Surafricana en República de Suráfrica (1961).
Biólogo inglés. Catro anos de actuación médica no barco Rattlesnake espertaron a súa vocación de naturalista. Amigo de Darwin, interveu nas polémicas que seguiron á publicación das teorías de Darwin. A defensa do evolucionismo levouno a escribir Man’s Place in Nature (1863). Admirador e biógrafo de D. Hume, foi tamén autor de numerosos traballos sobre embrioloxía (contrarios á teoría de Goethe sobre a formación do cranio), zooloxía e paleontoloxía.
*Baleiro*
