Temas

Sirgal

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, unha torre de prata, ameada, sostida de rochas da súa cor, deitada de dúas árbores de sinople, sumada cada unha delas dunha aguia de sable que pica nas ameas da torre.

Máis >
Texeiro

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, unha aguia de sable coroada, sinistrada dun carballo de sinople.

Máis >
Señoráns

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, cinco crecentes de prata, surmontado cada un dunha estrela de ouro de seis raios, colocados en aspa.

Máis >
Santamarina

Liñaxe de orixe galega que presenta escudo de ouro, con castelo de goles, marcado con liñas de prata, e aclarado de azul, sostido de ondas de azul e prata; na fiestra central do castelo, un brazo armado que empuña unha espada de prata; bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro. Outro presenta escudo partido: 1, de goles cunha banda de ouro engolada en dragantes do mesmo; 2, de goles, cun castelo de prata; bordo para esta partición, de prata cargada de oito M maiúsculos de sable.

Máis >
Seoane

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, unha flor de lis de ouro en abismo, acompañada de catro aspas de ouro, unha en cada cantón do escudo. Outro trae, en campo de goles, un castelo de prata deitado de dúas pólas de seoanes de sinople, onde está resaltada a porta dun guerreiro armado, cunha lanza na man dereita e superado todo dunha flor de lis de azul no medio do xefe e unha estrela de ouro de oito raios en cada cantón, as tres figuras colocadas en faixa; bordo de prata, cargado dun guerreiro de prata no centro do xefe e de sete cabezas de lobo de sable, colocadas unha en cada cantón do xefe, unha en cada flanco e tres en punta.

Máis >
Serantes

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, escudo partido: primeira partición, en campo de prata, cun castelo de pedra, resaltada a porta dunha doncela cunha espada na man, e en punta tres paus de azul; segunda partición, en campo de sinople, cunha banda de ouro, engolada en dragantes do mesmo; bordo xeral de prata coas letras AVE MAROIA GRATIA PLENA, de sable.

Máis >
Salgueiro

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, un salgueiro de sinople. Outra trae, en campo de goles, dúas bandas de prata.

Máis >
Sampedro

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, escudo partido dun trazo cortado de dous, o que dá seis cuarteis; 1 e 4, de ouro, cunha árbore de sinople, sinistrada dun león de prata empinado ao tronco; 2, de azul, cun castelo de prata; 3, de ouro, cunha aguia de sable; 5, de azul, con cinco barras de ouro; e 6, de azul, con dúas bandas de prata, acompañadas de seis flores de lis, dúas no alto, tres entre as bandas e unha no baixo.

Máis >
Sandiás

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, escudo partido: 1, de prata, con tres bandas de sinople; 2, de goles, con dúas caldeiras de sable, colocadas en pau. Outra trae, en campo de goles, unha cruz de ouro, nos cantóns con catro flores de catro follas, de ouro, unha en cada cantón.

Máis >
Romero

Liñaxe de orixe galega que trae por armas escudo partido: 1, de prata, cunha aguia de sable; 2, de prata, con tres estacas de sinople, cravadas en terras do mesmo, cinguidas por unha cadea de prata. Outro trae, en campo de goles, tres columnas de prata, cinguidas por unha cadea de azul. Outro, en campo de prata, unha cruz de goles. Outro, en campo de sinople, cinco cunchas de vieira de prata, colocadas en aspa, acompañadas de sete cruces gregas de ouro, colocadas en orla, tres en xefe, unha en cada flanco, e dúas en punta. Outro, en campo de sinople, cinco cunchas de vieira de prata, colocadas en cruz, acompañadas de oito cruces gregas de prata, catro colocadas en faixa coas vieiras de xefe e da punta, e dúas a cada lado. Outro, en campo de sinople, un peregrino ou romeiro coa súa esclavina, bordón con cabaza, e bolsa, acompañado dunha cuncha de vieira de prata no cantón sinistro do xefe. Outro, en campo de ouro, unha banda de goles cargada de tres cunchas de vieira de ouro. Outro, escudo...

Máis >
Loading