Temas
Comarca occidental da comunidade autónoma, asentada sobre o val do río homónimo. Esténdese aproximadamente desde os 42° 45’ aos 43° 05’ de latitude N e desde os 8° 50’ aos 9° 05’ de lonxitude O. Limita ao N coa comarca do Xallas (concello de Santa Comba) e coa de Santiago (concello do Val do Dubra), ao L coa do Xallas (Mazaricos) e coa de Noia (Outes), ao S coas de Noia (Noia) e Santiago (Brión) e ao O coa de Santiago (Brión e Ames). A súa poboación total é de 12.173 h (1998). Abrangue unha superficie de 213,11 km2, o que supón unha densidade de poboación de 59,65 h/km2(inferior á media galega de 93,5 hab/km2). Intégrana só dous concellos: A Baña (98 km2; 5.578 h) e Negreira (115,11 km2; 6.595 h). A vila de Negreira é a rectora da comarca, un dos tradicionais centros de mercado que organiza o sistema rural de Galicia.
Xeografía física
O río Tambre, no seu treito inferior, artella un territorio ondulado no que...
Comarca natural do S de Galicia, que se corresponde coa conca do río Arnoia. Distínguese o Alto Arnoia, (integrado polas terras dos concellos de Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo), e o Baixo Arnoia, (do que forman parte os concellos da Arnoia, A Bola, Cartelle, Celanova, Cortegada, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea).
Comarca do interior de Galicia, situada no centro da provincia do mesmo nome. Limita ao N coas comarcas de Terra Chá (concellos de Guitiriz, Begonte, Cospeito e Castro de Rei) e Meira (concello de Pol), ao L coa Fonsagrada (concello de Baralla), ao S coas comarcas dos Ancares (concello de Baralla), Sarria (concellos de Láncara, O Páramo e Paradela) e Chantada (concello de Taboada), ao SO coa comarca da Ulloa (concellos de Monterroso e Palas de Rei) e ao O coa comarca de Terra de Melide (concellos de Toques e Sobrado). Abrangue unha extensión de 1.363,67 km2nos que acolle unha poboación de 112.218 h (2001), distribuídos entre os concellos de Castroverde (174 km2; 3.378 h), O Corgo (157,3 km2; 4.280 h), Friol (292 km2; 4.685 h), Guntín (154,7 km2; 3.423 h), Lugo (329,6 km2; 88.414 h), Outeiro de Rei (135,6 km2; 4.447 h), Portomarín (115,1 km2; 2.008 h) e Rábade (5,17 km2; 1.583 h). A rede viaria...
