Temas

Askia

Dinastía do Imperio Songhai fundada polo usurpador Mu Palatino; ḥ ammad I (1493). Con ela o Imperio estendeu a súa hexemonía e acadou un grao de prosperidade reflectido nas descricións de Leo Africanus (1511). Á morte de Mu Palatino; ḥ ammad(1528) sucedéronse diversas loitas intestinas que debilitaron o imperio que caeu, finalmente, baixo dominio do Sultán de Marrocos (1590).

Más >
Wei

Reino máis setentrional dos tres en que se dividiu o Imperio Chinés no s III. Durou de 220 a 265 e Loyang foi a súa capital.

Más >
Plantagenet

Dinastía inglesa que reinou entre 1154, con Enrique II de Inglaterra, e 1485, con Ricardo III de Inglaterra. Descende de Godofredo V Plantagenet, conde de Anjou. A rama primoxénita escindiuse en 1399, con Ricardo II, e das ramas colaterais destacaron a dos Lancaster e a dos York, que se enfrontaron na Guerra das Dúas Rosas. Sucedeuna a dinastía dos Tudor.

Más >
Évreux

Dinastía de orixe francesa que reinou en Navarra desde mediados do s XIV ata mediados do s XV. Fundada por Luís Capeto, conde d’Évreux, tralo acceso ao trono navarro de Filipe III o Nobre acadou señoríos en terras galas. En 1404, Carlos III o Nobre e Carlos V de Francia asinaron un acordo polo que o monarca navarro renunciaba ao título de conde d’Évreux e aos seus señoríos, a cambio do ducado de Nemours.

Más >
Austrasia

Reino da monarquía franca da que foi separada e á que foi reincorporada en distintas ocasións. Comprendía esencialmente o que despois constituíu a Alta e a Baixa Lotarinxia, Franconia e Alemaña, e durante varios períodos tamén a totalidade ou parte da Champaña, Frisia, Turinxia e Baviera. A súa capital habitual era Metz. Despois da repartición do reino dos francos por Clodoveo I (511), Austrasia entrou no proceso de divisións, reunificacións e loitas dinásticas do período merovinxio do reino franco.

Más >
Crnojevic

Dinastía de Montenegro que reinou ao extinguirse a dos Balšić. Iniciouna Estevo I (1427-1465), voivoda da Zeta superior, que mantivo a alianza con Venecia e fundou cidades comerciais na costa atlántica. Sucedeuno o seu fillo Iván I (1465-1490), patricio de Venecia e fundador do mosteiro de Cetinje (1485). O seu fillo, Xurxo I (1490-1496) retirouse a Venecia e sucedeuno o seu irmán Estevo II (1496-1499), que foi derrotado polos turcos e morreu en 1514. Dende entón e ata 1852, Montenegro foi rexido polos vladika de Cetinje. Os Crnojević dividíronse en dúas liñas, unha delas pasou a Venecia e a outra a Constantinopla. Un membro desta última, Skanderberg , foi sanjac turco de Montenegro (1514-1528).

Más >
Borbón

Dinastía de orixe francesa que gobernou en Francia (1589-1792, 1814-1830, despois desta data algún membro da dinastía reinou ata 1848), España (1700-1808, 1814-1868, 1874-1931 e dende 1975), Nápoles e Sicilia (1734-1808), no Reino das Dúas Sicilias (1816-1860), Etruria (1801-1807) e nos ducados de Parma (1731-1735, 1748-1802, 1847-1859) e de Lucca (1815-1847).
Orixe da dinastía
A casa de Borbón, en francés Bourbon, é unha rama da casa francesa dos Capetos. Todos os Borbóns proveñen do Rei Luís IX (1214-1274), Capeto en liña directa, a través do seu sexto fillo Roberto, conde de Clermont (1256-1317) que casou con Beatriz de Borbón, herdeira do señorío de Bourbon-l’Archambault, hoxe no departamento de Allier, ao extinguirse a liña de sucesión masculina. En 1327 o Rei Carlos IV converteu o señor de Borbón, Luís o Grande (1279-1342), en duque de Borbón e par de Francia. Da descendencia deste primeiro duque de Borbón naceron dúas ramas da familia: a rama primoxénita procedente...

Más >
Dongola

Reino da rexión de Nubia. A partir do ano 1530 a C formou parte do Antigo Exipto e a mediados do s IV converteuse nun reino cristián. No ano 1275 pasou de novo a Exipto. Mohamed Alí gobernou o territorio (1820) que quedou en poder dos seguidores do mahdi entre 1895 e 1896, ano no que pasou a ser territorio de Sudán.

Más >
Guggenheim

Dinastía de financeiros xudeosuízos establecidos en EE UU a mediados do s XIX. O fundador da estirpe foi Meyer Guggenheim (1828-1905), quen, tras emigrar a EE UU, fundou a American Smelting and Refining Company. Dos seus membros destacaron os seus fillos Solomon R. Guggenheim (1861-1949), fundador Guggenheim Museum de Nova York e Simon Guggen-heim (1867-1941); e a súa neta Peggy Guggenhein (1898-1979), coleccionista de arte e mecenas de artistas, entre outros, Jackson Pollock, Hans Hofmann e Max Ernst.

Más >
Songhai

Reino musulmán que xurdiu nas ribeiras do curso medio do Níxer ao comezo do s XV. O núcleo primitivo, que constituía un pequeno estado tributario do reino mandinga de Mali desde 1325, independizouse en 1400? baixo a dinastía dos Sonni. A súa máxima expansión, todo o antigo reino de Mali, Senegal, Aïr e Bornu, foi asumida durante o goberno da dinastía estranxeira dos Askia, instaurada por Mu ḥ ammad (1493-1529). En 1591 pasou a formar parte do sultanato de Marrocos.

Más >
Loading