Temas

Sayyid

Dinastía musulmá establecida en Punjab e en Delhi (1414-1451). Durante o goberno de Mubārak Shāh, o territorio do sultanato expandiuse a Multan e Lāhaur. O derradeiro soberano cedeu o poder ao afgán Bahlūl Lōdī.

Más >
Colombaioni

Dinastía italiana de pallasos e artistas de circo. Especializados no xénero da farsa, lograron un gran renome mundial despois da aventura teatral de Carlo Colombaioni e do seu cuñado Alberto Vitali que, na década comprendida entre 1970 e 1980, estrearon e distribuíron o espectáculo Duo Colombaioni. Esta experiencia continuárona outros integrantes do clan familiar, como Romano e Alfredo Colombaioni, que colaboraron en diversas películas, e actuaron no Festival Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Os últimos integrantes da saga son Giovanni Huesca e Corrado Togni.

Más >
Adlan

Dinastía funj do Sennar, na Mesopotamia nilótica, que se impuxo por un curto período a finais do s XVIII.

Más >
Évreux

Dinastía de orixe francesa que reinou en Navarra desde mediados do s XIV ata mediados do s XV. Fundada por Luís Capeto, conde d’Évreux, tralo acceso ao trono navarro de Filipe III o Nobre acadou señoríos en terras galas. En 1404, Carlos III o Nobre e Carlos V de Francia asinaron un acordo polo que o monarca navarro renunciaba ao título de conde d’Évreux e aos seus señoríos, a cambio do ducado de Nemours.

Más >
Kotromanić

Dinastía real de Bosnia que reinou desde 1250 ata 1463. Comezou con Prijezda I (1250-1257). Estevo I foi destronado pola familia Šubić, ata que Estevo II (1322-1353) recuperou o trono. Con Estevo Tomašević (1461-1463) extinguiuse.

Más >
Obrenović

Dinastía serbia fundada en 1815 por Miloš I de Serbia. Expulsada do trono polos Karadjordjević (1842), ocupou de novo o poder (1858) ata o asasinato de Alexandre I de Serbia (1903). Ademais, foron membros destacados dela Miguel III de Serbia e Milan I de Serbia.

Más >
Chola

Dinastía tamil, establecida na costa de Chō ḷ aman ḋ ala (India sudoriental). Conseguiu o máximo poder entre os ss IX e XII. Os dous maiores reis cholas foron Rājarāja I o Grande (985-1014), que dominou gran parte do sur e do centro da India, Ceilán e as illas Lakshadvīp, e o seu fillo Cholavarma, que reinou entre 1014 e o 1044. Instituíron un sistema de goberno local cohesionado e apoiaron o comercio e as artes. A dinastía durou ata 1279, cando o territorio foi dividido entre os Hoysalas de Maisūru e os Pan ḋ ya de Madurai.

Más >
Pahlawī pahlavi ou pehlevi

Dinastía imperial de Irán. Fundada en 1925 polo xeneral Rida Khān a consecuencia da deposición do Xa A ḥ mad Shāh, a súa instauración, co nome de Reza I de Irán, significou a modernización xeral do país. Sucedeuno (1943) o seu fillo Mu ḥ ammad Reza de Irán, que foi derrocado pola Revolución Islámica (1979) e morreu no exilio en 1980. O seu fillo proclamouse xa no exilio co nome de Reza II Ciro.

Más >
Lancaster

Dinastía real inglesa que tivo a súa orixe no príncipe Edmundo de Inglaterra, coñecido como Edmundo de Lancaster (1245-1296), fillo pequeno do Rei Enrique III e primeiro conde de Lancaster. En 1245 recibiu o Reino de Sicilia do Papa Inocencio IV, pero en 1258 Alexandre IV cancelou a concesión. Durante a Guerra dos Baróns (1236-1265) estivo exiliado en Francia e, en 1265, coa vitoria dos realistas, recibiu o condado de Leicester e, un ano máis tarde, o de Derby. Sucedérono os seus fillos Tomás de Lancaster (1277?-1322), segundo conde de Lancaster, e Enrique de Lancaster (1281?-1345), terceiro conde de Lancaster; o fillo deste último Enrique de Lancaster (1300?-1361), foi o cuarto conde e o primeiro duque de Lancaster. Participou na Guerra dos Cen Anos. A súa filla, Branca de Lancaster (1347?-1369) casou con Xoán de Gante, fillo do Rei Enrique III, que se converteu no segundo duque de Lancaster. O seu...

Más >
Chālukya

Dinastía da antiga India do Deccan, orixe da casa real de Vātāpi, hoxe Bādāmi, en Hyderābād (543-757 e 975-1189). O reino fundouno o príncipe Pulakesin I no s VI, orixinario da rexión de Bijāpur, que subiu ao trono no 543 e os seus descendentes reinaron no Deccan ata o 757. Nese ano os Rāshtrakūta derrubaron a dinastía, pero unha segunda dinastía dos Chālukya gobernou en Kaalyāni, preto de Bombai (975-1189).

Más >
Loading