Temas
Dinastía tamil, establecida na costa de Chō ḷ aman ḋ ala (India sudoriental). Conseguiu o máximo poder entre os ss IX e XII. Os dous maiores reis cholas foron Rājarāja I o Grande (985-1014), que dominou gran parte do sur e do centro da India, Ceilán e as illas Lakshadvīp, e o seu fillo Cholavarma, que reinou entre 1014 e o 1044. Instituíron un sistema de goberno local cohesionado e apoiaron o comercio e as artes. A dinastía durou ata 1279, cando o territorio foi dividido entre os Hoysalas de Maisūru e os Pan ḋ ya de Madurai.
Dinastía do Imperio Songhai fundada polo usurpador Mu Palatino; ḥ ammad I (1493). Con ela o Imperio estendeu a súa hexemonía e acadou un grao de prosperidade reflectido nas descricións de Leo Africanus (1511). Á morte de Mu Palatino; ḥ ammad(1528) sucedéronse diversas loitas intestinas que debilitaron o imperio que caeu, finalmente, baixo dominio do Sultán de Marrocos (1590).
Dinastía de Montenegro que reinou ao extinguirse a dos Balšić. Iniciouna Estevo I (1427-1465), voivoda da Zeta superior, que mantivo a alianza con Venecia e fundou cidades comerciais na costa atlántica. Sucedeuno o seu fillo Iván I (1465-1490), patricio de Venecia e fundador do mosteiro de Cetinje (1485). O seu fillo, Xurxo I (1490-1496) retirouse a Venecia e sucedeuno o seu irmán Estevo II (1496-1499), que foi derrotado polos turcos e morreu en 1514. Dende entón e ata 1852, Montenegro foi rexido polos vladika de Cetinje. Os Crnojević dividíronse en dúas liñas, unha delas pasou a Venecia e a outra a Constantinopla. Un membro desta última, Skanderberg , foi sanjac turco de Montenegro (1514-1528).
Dinastía de músicos franceses orixinaria de Figueres. O membro máis destacado foi Francis Casadesús (París 1870 - Suresnes 1954), compositor, director e instrumentista de corda. Foi discípulo de Lavignac e de César Franck. É autor de obras de cámara, de poemas sinfónicos e de óperas. O seu sobriño, Robert Casadesús (París 1899 - 1972), pianista e compositor, fixo unha carreira de virtuoso internacional e realizou xiras por Europa. É autor de tres sinfonías, dous concertos para piano e numerosas cadencias para diferentes concertos mozartianos.
Dinastía italiana de pallasos e artistas de circo. Especializados no xénero da farsa, lograron un gran renome mundial despois da aventura teatral de Carlo Colombaioni e do seu cuñado Alberto Vitali que, na década comprendida entre 1970 e 1980, estrearon e distribuíron o espectáculo Duo Colombaioni. Esta experiencia continuárona outros integrantes do clan familiar, como Romano e Alfredo Colombaioni, que colaboraron en diversas películas, e actuaron no Festival Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Os últimos integrantes da saga son Giovanni Huesca e Corrado Togni.
Dinastía que desde finais do s X gobernou en Savoia e desde o s XII en Piemonte, ademais doutros territorios italianos que variaron segundo as épocas. O seu primeiro membro coñecido é Humberto I de Savoia , Brancamán, conde de Savoia (1003-1047?). Humberto II de Savoia (1080?-1103) expandiu os dominios da familia e Tomé I de Savoia dominou Piemonte, Vaud, Valais e a cidade de Chambéry, que pasou a ser a capital do condado (1232). Os seus sucesores incrementaron os dominios da dinastía. Amadeo VIII de Savoia conseguiu do emperador o título ducal (1416). Carlos Manuel I de Savoia apoderouse do marquesado de Saluzzo, pero tivo que ceder outros territorios a Francia, que despois foron recuperados polo seu sucesor Vítor Amadeo I de Savoia . Vítor Amadeo II de Savoia (Vítor Amadeo I de Sardeña) obtivo o Reino de Sicilia (1713), intercambiándoo en 1718 polo de...
